Boas tardes a todo o mundo!
Hoxe vouvos falar do noso Club de Lectura Soliloquio de Soños que estreamos este curso académico!
Ao longo da historia, a escola converteu con frecuencia a lectura nun medio para abordar outras aprendizaxes, desposuíndoa así da súa potencialidade para producir pracer, deixando de constituír un proceso creativo.
Por iso, en Espiñeira outorgámoslle á literatura un gran compoñente do gozo e pretendemos que o noso alumnado se achegue ás historias polo simple feito do deleite que proporcionan ao mesmo tempo que favorece a educación en valores e o pensamento crítico.
Neste sentido, a lectura escollida que foi El Canto de la orca de Roxanne Parry, as características do lectorado participante, a súa experiencia lectora e sobre todo a súa implicación e entusiasmo determinaron o éxito da nosa 1º Xuntanza do Club de Lectura Soliloquio de Soños.
Neste café literario, as dinamizadoras xunto coa cativada participante de 6º de Educación Primaria compartiron sensacións, sentimentos, dúbidas, curiosidades,... que lles espertou a viaxe polas profundidades mariñas acompañadas de Vega e da súa familia de orcas pertencente ao Clan de las Comedoras de Salmón de las Aguas Cálidas.
Toda unha delicia para todos os nosos sentidos! Si, digo todos porque tamén comemos!
Ata a próxima Xuntanza soñadoras e soñadores de historias!
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario