24.4.22

SEMANA DO LIBRO 2022

Bo día navegantes! ⛵

Esta semana temos como protagonista o LIBRO! Os libros son a parte fundamental da nosa biblioteca, a través dos cales aprendemos, divertímonos, imaxinamos..., unha morea de cousas positivas que nos aportan como persoas. Por todo isto e máis, queda xustificadísima esta gran celebración ✨

Comezamos a semana coa CITA A CEGAS CUN LIBRO 😍, a cal, realizouse no noso patio seguindo así a liña do proxecto de centro.




Eu, Espiñeiriña, encargueime de enviar a correspondencia personalizada a cada aula de Educación Primaria para informar do gran evento e motivar cunha adiviñanza a búsqueda do lugar da cita.


Unha vez alí gozaron da lectura e da 💚 cita 💚 nun entorno encantador:


Cabe comentar que a finalidade desta actividade é motivar a ler aqueles libros que non chaman tanto a atención do alumnado na biblioteca e quedan un pouco esquecidos. Deste xeito, incitamos a que lle dean unha oportunidade. E facendo balance da proposta podemos dicir que foi un éxito e que seguro repetiremos.

O alumnado de Educación Infantil tamén recibiu a miña correspondencia coa seguinte proposta:


Así, debían acudir a estes espazos do patio e reencontrarse co seu padriño ou madriña lector/a, quen lles leería un conto. Que ben o pasaron!

APADRIÑAMENTO LECTOR


Por outra banda, o noso alumnado quixo compartir con nós a través destas obras artísticas a súa recomendación lectora. Están expostas no mural titulado CITA CUN LIBRO:







Ademais, organizamos un MERCADO SOLIDARIO en beneficio da Protectora de Animais do Morrazo e contamos coas aportacións especiais do noso alumnado e da comunidade educativa.









Espero que desfrutárades desta gran semana onde o libro foi, sen dúbida, o gran protagonista!


Un saúdo,
Espiñeiriña.




22.4.22

DÍA DAS ARTES GALEGAS: LAXEIRO

 DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1 DE ABRIL DE 2022.

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) acordou homenaxear a Xosé Otero Abeledo, Laxeiro, ao longo de 2022.

Isto motivounos a afondar e difundir a figura deste gran pintor da arte galega do século XX. Tivemos o pracer de visitar a súa fundación en Vigo e realizar obradoiros didácticos sobre a súa obra.




Tamén houbo tempo para o conto a través de "As Aventuras de Laxeiro":


Agardamos que coñezades un pouquiño máis ao autor a partir dos nosos traballos e vos encante tanto coma a nós!

14.4.22

CERTAME DE POESÍA VISUAL

O día 21 de marzo celebramos o Día da Poesía na Espiñeira. O alumnado de 5º e 6º elaborou unha exposición a partir das súas creacións e todo o alumnado do cole puido gozar da mesma.

De seguido, comparto un vídeo de todo o proceso de traballo e presentámosvos ós gañadores e gañadoras deste I Certame de Poesía Visual da Espiñeira.

Despedímonos cunha frase de Federico García Lorca: 

"A poesía non quere adeptos, quere amantes"

Un saúdo e deica pronto, 

Espiñeiriña.