Espiñeiriña.
24.4.15
Pegadiñas de contos!!
Ola mundo mundial!
Durante a semana pasada todos os nenos e nenas do cole estiveron traballando moito,pero moito,moito, moito...
A actividade fixémola entre todos, e consisitía en escoller unha cita do conto que nos gustase moito, ou que fose moi coñecido e escribilo nunha tarxeta para colocar nas escaleiras do cole.
Os nenos de infantil colaboraron facendo a decoración coas súas propias máns!!!
Gustoume tanto, pero tanto... que decidín facer un vídeo para compartilo con todos vós.
Moitos biquiños de mar....
Espiñeiriña.
Espiñeiriña.
22.4.15
Retaliños de Historia
Ola a todo a todos e a todas!
O día R xa está próximo! Non sabedes o que é o día R???
Pois é ben fácil… é o día no que por fin imos estrear o novo recuncho de lectura informal do cole.
Durante varios meses os artistas do cole estiveron pintando arreo, as familias cosendo e cosendo traballando a actividade “Retaliños de historia”. E hoxe, por fin! xa está case todo listo!!
Desde o equipo de Biblio queremos darlle as grazas a todas as familias que participaron, e tamén de forma especial a esa mamá tan artista que pasou o traballo de xuntar todos os anaquiños…
Mirade que chulo quedou!!
16.4.15
A música... unha historia!!
Miña nai!!! que viaxe tan estupenda! estes rapaces de Nimus copiáronme a idea e tamén viaxaron no tempo!!
Durante unha hora fixemos un percorrido marabilloso desde a prehistoria ata as películas de hoxe en día, pasando polo gregoriano e por Mozart...
A min gustoume moito, moito... e a vós?
Durante unha hora fixemos un percorrido marabilloso desde a prehistoria ata as películas de hoxe en día, pasando polo gregoriano e por Mozart...
A min gustoume moito, moito... e a vós?
9.4.15
6.4.15
ARRIBA O TELÓN!!
Os nenos e nenas de terceiro, cuarto,
quinto e sexto estiveron lendo o libro de Neira Vilas :" O espantallo
amigo".
Como fixeron tan ben
o seu traballo tiveron unha estupenda recompensa: Unha mañá de teatro no
auditorio de Cangas dunha representación da obra que leron...
Pasárono xenial e
gustoulles moito!!!
Mesmo sacaron unha
foto no escenario cos actores...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)