23.2.22

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, día 23 de febreiro, festexamos o día de Rosalía de Castro con propostas moi interesantes 😍

Comezamos co PROGRAMA DA RADIO #SementadePensamentos

A continuación, a proposta que vos queremos compartir é a lectura do manifesto da AELG a cargo do alumnado de 1º de E.P.: 

Seguindo a iniciativa da AELG, os nenos e nenas de 4º de E.P. fixeron un mural sobre a autora. Mirade que bonito:


As nenas e nenos de infantil, convertéronse en artistas tomando como referencia poemas de Rosalía:

- Ilustración do poema "Alborada", polo alumnado de 5 anos:


- Caretas de mouchos (poema "O moucho"), polo alumnado de 3 anos:


O alumnado de 6º de E.P. xunto a "teacher", elaboraron un "timeline":

Alguén moi especial como é a nosa Leti, propuso ó alumnado do cole realizar un paraugas coa cara de Rosalía. A actividade resultou deliciosa, xa que para facela primeiro tiveron que comer un paraugas de chocolate e aproveitaron o bastón para realizar a manualidade.






Ademais, decidimos homenaxear a esta gran escritora galega versionando algúns dos seus poemas en forma de rap. O noso alumnado puxo moooitas ganas e entusiasmo e cremos que se reflicte no resultado:

Menudxs artistas!!!

Tamén quixemos poñer a disposición do alumnado e profesorado, diferentes obras da autora coas que contamos no cole e que vos recomendamos:

Novos exemplares
Novos exemplares

Estes libros chegaron ás aulas dunha forma moi especial: dentro dunha postal de Rosalía e acompañados dunha rosa e pétalos da flor da camelia, moi ligada a Rosalía.








Por último, compartímosvos algúns recursos didácticos e lúdicos para que vos divirtades aprendendo sobre a escritora.

💜 Feliz día de Rosalía! 💜

18.2.22

DESEXOS QUE VOAN ALTO

Como xa adiantamos na anterior publicación de LECTURAS POLA PAZ, na Espiñeira quixemos conmemorar o Día da Paz tomando como referencia o fermoso libro de "Sadako y las mil grullas". Por iso, puxémonos mans a obra e logramos realizar moitísimas grúas que hoxe colgan do teito da nosa escola. Grúas voladoras cargadas de desexos e de esperanza! 💚💚💚




Ademais, o alumnado dende as aulas e as familias dende as súas casas, realizaron bolboretas con diferentes cores, con distintos elementos decorativos, con diversos desexos pero unidas todas no seu obxectivo: VOAR CARA A PAZ.





Elaboramos un photocall onde moitas nenas e nenos animáronse a posar para obter unha foto de recordo:





Oxalá que todos os vosos desexos se cumpran! 💫


Un saúdo.

Espiñeiriña.



1.2.22

ESTRENÁMONOS EN KOHA

Bo día familias!

Queremos comunicar que a nosa biblioteca deixou atrás a súa etapa empregando o sistema Meiga, o cal, foi recentemente substituído polo KOHA. Así, compartimos a ligazón ó noso catálogo para que poidades consultar os fondos dos que dispoñemos e mergullarvos de cheo na nosa CDU.

Para acceder tan só tendes que premer na icona de KOHA que se atopa na parte dereita do noso blog, tal e como se indica na seguinte captura de pantalla:

Que teñades un día estupendo! 🌞💛💫

Espiñeiriña