Hoxe foi un día especial , tivemos a
sorte de que os membros da danza na honra de san Sebastián fixeron o seu ensaio
xeral no noso cole. Esta danza é moi especial para o pobo de Aldán.
Dezaseis danzantes interpretan un
baile que foi pasando de xeración en xeración, de século en século, nunha
ofrenda a San Sebastián, ó que nunca lle dan as costas, porque marchan cara
atrás ao arredor da igrexa. Cinco damas engalanadas con xoias e enormes
sombreiros adornados con flores e cintas resaltan en medio da decea de galáns e
o guía, vestidos con traxe escuro.
Esta danza ten moito que ver co tema
de investigación deste curso, xa que é anterior ao ano 1678, algúns a datan
anterior ao século XII.
O mellor de todo foi, que despois puiden
sacar unha foto con eles e mesmo firmaron no me caderno de visita!