14.12.19

GUÍAS DE LECTURA 2019-2020

Como ben sabedes, cada ano o equipo de EDLG de O Morrazo elabora unhas guías de lectura coas últimas novidades e reedicións en galego.

Velaquí vos deixamos as recomendacións lectoras atendendo ás distintas idades.

- Para INFANTIL:


- Para PRIMARIA:


- O cartel. Este inclúe tamén recomendacións para o alumnado de secundaria e persoas adultas.


Desfrutade do pracer da lectura!

Un saúdo navegantes,

Espiñeiriña.

20.11.19

NON É UNHA CAIXA

Realizamos unha sesión de conto moi divertida co alumnado de educación infantil. "NON É UNHA CAIXA" de Antoinette Portis,  levounos a todos a unha situación tal que fixo florecer a nosa imaxinación e creatividade. Durante a narración saíron respostas de todo tipo (se ledes o conto saberedes de que vos falamos 😉).



Saímos da biblioteca e de camiño ás nosas aulas atopámonos con esta sorpresa...


...xa tiñamos todo preparado para comezar a crear:




Imaxinamos?




Que ben o pasamos!

Seguimos en contacto navegantes.

Unha aperta,
Espiñeiriña.




7.11.19

MOCHILAS VIAXEIRAS

Na biblioteca continuamos coas tarefas de reorganización, recatalogación, distribución de mobiliario, creación de novos espazos..., pero aínda así, e grazas a axuda do alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria, un curso máis arrancamos coas mochilas viaxeiras. Nela enviamos fondos variados: audiovisuais, musicais, contos, libros de consulta, textos relacionados co proxecto de centro...









Desfrutádeas! 😃

6.11.19

UN SAMAÍN DE CONTOS

Dende a biblioteca organizamos sesións de contacontos de medo para a celebración do Samaín, escenificado polo alumnado de 3º a 6º de Primaria e motivados pola carta que eu, Espiñeiriña, lles escribín.

Así atopamos a biblioteca...




...e así vivimos as diferentes sesións:






Cartel do evento:



Velaquí algunhas instantáneas sacadas ante o photocall elaborado polo alumnado de todo o cole.


 


Ademais, tamén houbo tempo para saciar o noso apetito coas merendas terroríficas de Samaín.





Saúdos terroríficos,

Espiñeiriña.




30.10.19

SESIÓNS DE CONTACONTOS

O pasado 24 de outubro celebramos na nosa escola o Día das Bibliotecas. Para tal evento contamos con dúas profesionais da animación á lectura moi cercanas a nós, xa que forman parte da comunidade educativa, e que nos ofreceron dúas sesións de contacontos moi entretidas.

A primeira sesión foi dirixida ó alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria. Os títulos dos contos que nos relataron son:

- Un agasallo diferente. Kalandraka.
- Lili, la ladrona de libros. Combel Editorial.
- Capitán Verdemán. Editorial Juventud. Escenificado polo alumnado de 6º de E.I.





Na segunda sesión, o alumnado de 3º a 6º de primaria puido gozar destes contos:

- Capitán Verdeman (escenificado polo alumnado de 6º de E.I.).
- Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore. Alfaguara.
- ¿Qué le ocurre al planeta?. Emonautas.





Grazas a Irene e Mónica pola proposta brindada, á selección acertada de contos para a celebración do Día das Bibliotecas, e o entusiasmo transmitido pola literatura. 


Ata a próxima aventura navegantes,

Espiñeiriña.





23.10.19

DÍA DAS BILIOTECAS 2019

Benvidos e benvidas a un novo curso navegantes!

Como ben sabedes, a nosa biblioteca está en construción, pero aínda así non queremos deixar pasar a oportunidade de celebrar este día con vós propoñendo unha serie de actividades e retos.

Os primeiros retos xa os cumplistes participando, por unha banda, nas propostas da Semana polo clima e, por outra banda, na elaboración dun título co seu lema para o proxecto de carácter medioambiental que levaremos a cabo este curso na escola.

O último reto foi o da creación dun LOGO, e temos que dicir que chegaron propostas MOOOI CHULAS! Parabéns de verdade a todos e todas. Mañá coñeceremos durante a celebración o LOGO gañador e próximamente se exporá na nosa nova biblioteca.

Ademais, quería informarvos de que contamos cunhas propostas de CONTACONTOS súper interesantes! Todo isto a partir das 13:00 horas no CEIP Plurilingüe da Espiñeira - Aldán.

Podedes consultar o póster informativo do evento na seguinte imaxe:



Espero que as propostas sexan do voso agrado. Desfrutade moito do día e recordade...

"Ler é soñar cos ollos abertos" 

Un cordial saúdo,

Espiñeiriña.

23.6.19

MERCADILLO SOLIDARIO

Dende o luns 17 ata o venres 21 de xuño de 2019, puxemos á disposición da comunidade educativa un mercadillo de libros resultado do expurgo realizado na biblioteca do cole.



O luns varias traballadoras da protectora xunto con dous policías locais, impartiron unha charla dirixida a todo o alumnado co fin de crear conciencia.

Ese mesmo día, comezamos co mercadillo solidario de libros nas dependencias do CEIP Plurilingüe da Espiñeira e invitamos á participación da seguinte maneira:
Houbo unha exposición de libros para diferentes tipos de público (segundo a idade ou preferencias literarias). Así, a actividade consistiu nun troco, é dicir, ti levas un libro e a cambio podes entregar: comida para cans, correas, arneses, colares...


Grazas á comunidade educativa pola vosa participación e ás traballadoras/es da protectora de animáis do Morrazo polo seu magnífico labor.

Informarvos de que pronto comezarán as obras de ampliación da nosa biblioteca! Manterémosvos informad@s!


Desfrutade das vacacións!!!

Un saúdo,
Espiñeiriña.

6.6.19

LETRAS GALEGAS 2019

O xoves 16 de maio celebramos no noso cole o Día das Letras Galegas. Este curso quixemos promover lecturas en galego contando co atractivo do espazo natural da nosa contorna.
 



Despois destas lecturas nun espazo fermoso, fomos cara o salón de actos para gozar duns vídeos elaborados polo alumnado de 3º a 6º de Primaria. O tema tratado non puido ser outro que a vida e obras do autor homenaxeado: Antonio Fraguas Fraguas.

 

Se queredes ver os vídeos creados, só tendes que acceder a este enlace e consultar a entrada titulada "Letras Galegas": https://pluriespinheira.wixsite.com/proxectos/copia-de-contexto-lingueistico

Previo á celebración, realizamos algunhas actividades dedicadas ó autor. Moitas das clases do cole realizaron un xogo de pistas en gran grupo ou en pequeno grupo, como foi o caso do alumnado de infantil. As actividades tiveron como punto de referencia os pósters de Antonio Fraguas facilitados pola Consellería.







Durante toda a semana sacamos ó patio libros en galego, a maioría deles relacionados con autoras e autores homenaxeados.




Por último, temos que comentar o éxito entre o alumnado do libro-CD "Canta, miña pedra, canta", en homenaxe a Antonio Fraguas.


Un saúdo e deica pronto navegantes!

Espiñeiriña.