30.10.19

SESIÓNS DE CONTACONTOS

O pasado 24 de outubro celebramos na nosa escola o Día das Bibliotecas. Para tal evento contamos con dúas profesionais da animación á lectura moi cercanas a nós, xa que forman parte da comunidade educativa, e que nos ofreceron dúas sesións de contacontos moi entretidas.

A primeira sesión foi dirixida ó alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria. Os títulos dos contos que nos relataron son:

- Un agasallo diferente. Kalandraka.
- Lili, la ladrona de libros. Combel Editorial.
- Capitán Verdemán. Editorial Juventud. Escenificado polo alumnado de 6º de E.I.





Na segunda sesión, o alumnado de 3º a 6º de primaria puido gozar destes contos:

- Capitán Verdeman (escenificado polo alumnado de 6º de E.I.).
- Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore. Alfaguara.
- ¿Qué le ocurre al planeta?. Emonautas.





Grazas a Irene e Mónica pola proposta brindada, á selección acertada de contos para a celebración do Día das Bibliotecas, e o entusiasmo transmitido pola literatura. 


Ata a próxima aventura navegantes,

Espiñeiriña.





23.10.19

DÍA DAS BILIOTECAS 2019

Benvidos e benvidas a un novo curso navegantes!

Como ben sabedes, a nosa biblioteca está en construción, pero aínda así non queremos deixar pasar a oportunidade de celebrar este día con vós propoñendo unha serie de actividades e retos.

Os primeiros retos xa os cumplistes participando, por unha banda, nas propostas da Semana polo clima e, por outra banda, na elaboración dun título co seu lema para o proxecto de carácter medioambiental que levaremos a cabo este curso na escola.

O último reto foi o da creación dun LOGO, e temos que dicir que chegaron propostas MOOOI CHULAS! Parabéns de verdade a todos e todas. Mañá coñeceremos durante a celebración o LOGO gañador e próximamente se exporá na nosa nova biblioteca.

Ademais, quería informarvos de que contamos cunhas propostas de CONTACONTOS súper interesantes! Todo isto a partir das 13:00 horas no CEIP Plurilingüe da Espiñeira - Aldán.

Podedes consultar o póster informativo do evento na seguinte imaxe:



Espero que as propostas sexan do voso agrado. Desfrutade moito do día e recordade...

"Ler é soñar cos ollos abertos" 

Un cordial saúdo,

Espiñeiriña.