30.11.22

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Bo día navegantes:

Este ano a nosa actividade de sensibilización en torno a este día consistíu nunha actividade conxunta de todo o colexio, coa intención de transmitir ao resto da cidadanía o rexeitamento a violencia e o dereito ao bo trato.

Para iso dirixímonos a "Praza da Palma" en Cangas e alí, cos outros centros participantes na actividade organizada polo CIM do Concello de Cangas, presentamos a nosa proposta musical... Nesta ocasión, @s nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria foron @s encargad@s de inventar a letra dunha canción baseada na melodía de "Montealegre". Aí vai o resultado... Sempre acompañados, como non podía ser doutra forma, de "músicazos" formados polo profesorado, familiares e amigos.

"RUMBA AO BO TRATO"


Tamén no centro, fixemos un mural para facer visible a nosa denuncia sobre a existencia deste grave problema socio-político que está aloxado nas estruturas da nosa sociedade e que lonxe de minorarse, medra e adopta diversas formas de expresión.

 

Por último, dende o equipo de biblioteca, presentouse unha selección de contos para traballar sobre esta temática:



Un saúdo e ata a próxima aventura...

24.11.22

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS Ó CAMIÑO

 Boas tardes benqueridiño público lector!


Hoxe estou aquí para mostrarvos como foi o magosto na nosa escoliña... Lembras cando os nosos maiores dicían:

 Polo san martiño trompos ó camiño

Despois do san martiño vén o inverno de camiño

Quen non sabe mañas non come castañas


Estes soamente son uns pouquiños refráns de toda a retahíla que comentaban as nosas avoas e os nosos avós...

Pois ben, se máis cousas queredes lembrar de noutrora, non tendes máis que ver estas imaxes: os trompos, a chave, etc. Por suposto, despois desfrutamos dunhas castañas asadas ben quentiñas!























... As castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho.
Ata a próxima, apertas!
Espiñeiriña





17.11.22

SAMAÍN: XOGOS E LECTURAS TERRORÍFICAS

E chegou a gran festa de Samaín a Espiñeira! 👻

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria organizou, xunto co apoio do profesorado, unha xincana súper divertida para o resto do alumnado do cole.

Velaquí algunhas das probas:













Tamén houbo tempo para a lectura. O recitado da mesma celebrouse na biblioteca, estando esta, totalmente decorada para a ocasión:




As familias contribuíron na ambientación: "construistes unhas caixas terroríficas e elaborastes unhas merendas que, sen dúbida, metían medo do ricas que estaban!"













Ademais, o alumnado de primaria dende a materia de plástica e o alumnado de infantil, fixeron as súas creacións e colaboraron na elaboración dun mural de Halloween.










Deica pronto navegantes,
Espiñeiriña.