25.1.21

CARTILLAS DE NAVEGACIÓN

 Co inicio do segundo trimestre, arrancamos coas renovadas cartillas de navegación!

O alumnado acolleu con entusiasmo esta iniciativa e está disposto a asumir o reto: ler aquelas obras consideradas como imprescindibles para cada nivel de Educación Primaria.





Cada alumna/o posúe xa unha cartilla e un "nivel" no rol de navegación que vai dende grumete ata oficial de primeira (a capitana é a nosa mascota Espiñeiriña).

Cada cartilla contén unha serie de libros de temáticas variadas que deberán ler para completala. Por cada libro que lean recibirán un cromo (portada do libro en cor) da man da titora, o cal, pegarán na casilla indicada. Ademais, dentro de cada cartilla figura un espazo para que cada rapaz e rapaza recomende libros que considere que deben formar parte da mesma. Só cando un alumno e alumna a remate, ascenderá e recibirá un diploma acreditativo que o capacitará para ascender no rol de navegación.

Gracias por recibilas con tanto entusiasmo e animámosvos a seguir desfrutando do mundo maravilloso que ofrece a lectura.


Un cordial saúdo,

 a vosa capitana, Espiñeiriña.