16.5.21

ESCOLA SOÑADA

Este curso o cole está de aniversario:

 50 ANOS!

Con motivo desa "celebración" e en relación ó proxecto de centro "A escola emocióname", decidimos enviar a seguinte proposta á comunidade educativa. O obxectivo da mesma era realizar entre todos a construcción dun muro simbólico titulado A NOSA ESCOLA SOÑADA. Para tal fin, propuxemos ás familias que nos enviasen escrito nun brik de leite, unha palabra, frase ou debuxo que representara algún aspecto a destacar ou incluír na súa escola soñada. 

Este foi o resultado:




Como podedes observar está cheo de ideas interesantes que non podemos pasar por alto!

Graciñas polas vosas achegas!

Un saúdo,

Espiñeiriña.



13.5.21

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Nas clases de Infantil e Primaria traballamos a autora  partindo principalmente dos materiais da web Primavera das Letras da Real Academia Galega, así como dos recursos achegados polo Seminario Galán para afondar nesta incrible muller á que este ano rendimos homenaxe.

Está sendo unha marabilla afondar nunha figura tan inspiradora para o noso alumnado á que se lle está rendindo a homenaxe que merece desde o ámbito educativo, cultural e social . Son diversas e moi variadas as inciativas que poñen en valor a unha muller orgullosa e comprometida co noso, co idioma e cultura galegas.

Aquí vos deixamos os traballos que os nenos e nenas levaron a cabo ao longo destes días para que vós tamén a coñezades mellor!

Asimesmo recomendámosvos estes libros para ler en familia

       





Deixámosvos con esta delicia de POEMA PARA XELA, por LLUNA:


1.5.21

DÍA DO LIBRO 2021

Este curso eliximos celebrar o DÍA DO LIBRO aproveitándonos da fermosa contorna que ten a nosa escola.

A actividade que levamos a cabo no centro levou por título: CITA A CEGAS CUN LIBRO. Trátase dunha proposta motivadora que ten o propósito de dar a coñecer aqueles libros, contos, cómics, poemarios..., que asemellan esquecidos na biblioteca e que tamén merecen unha oportunidade.

Primeiramente, as clases recibiron unha carta que a mascota do cole lles escribiu. Nela estaba a actividade explicada xunto cun xogo de pistas que os levaría á zona da contorna do cole, onde lles esperaban libros envoltos en papel reutilizable e reciclable, cunha mensaxe motivadora e cuns destinatarios.





- BUSCANDO:



- DESEMPAQUETANDO:




- CITA CO LIBRO: 



















Como as crianzas de E.I. aínda non son autónomas na lectura de textos, precisamos a colaboración de axudantes especiais que lles narraron os contos despois da realización e da resolución do xogo de pistas.













Ademais, quixemos contar coas familias para poder realizar unha videomontaxe do máis divertida onde as personaxes das obras literarias son interpretadas por caras moi coñecidas na Espiñeira.

Por último, queremos compartir algunhas das mensaxes motivadoras que contiñan os libros:

"Ler ábrenos a ventá ao mundo"

"Se queres aventura lánzate á lectura!"

"Ler é soñar cos ollos abertos"

Un saúdo e moitas grazas ós nenos e nenas da Espiñeira e ás familias pola colaboración!!!