14.10.13

Ola rapaces!
Estou super, super, super ... mega contenta!!!
O pasado luns viñeron de vista os nenos da clase da profe Laura.
Encántame recibir visitas, e máis cando son de raparigos tan guapos e tan listos!!
Algunhas caras xa as coñecía do pasado curso ... pero outras...
E xa sabedes o que me gusta ter novos amigos!!!








Na biblio pasáronno moi , moi ben, e portáronse estupendamente. Mesmo prometeron que virían de cotío a visitarme.



Aquí os tedes, coa súa profe, todos contentos co seus carnés e a súa bolsiña para levar contos estupendos as súas casas!!

11.10.13

AXUDA A ESPIÑEIRIÑA!!!

Ola rapaces e rapazas!!
Preciso a vosa axuda, de tanto ler libros de humor Espiñeiriña escachou coa risa...
Seredes quen de recompoñela???
Premede co rato na barriguiña da nosa amiga, e mans a obra...
Seguro que o facedes rápido coma un lóstrego!!!



O RETO DE ESPIÑEIRIÑA

UN OUTONO LITERARIO

   Imos precisar a túa axuda; e a axuda dos vosos pais, nais, avós, tíos, curmáns,...
   Seguro que na vosa casa saben de moitos refráns, ditos, poemas, cancións, adiviñas, trabalinguas... 
sobre o outono.
   Pois veña! Mans á obra, escribídea con letra bonita na folla que vos dará o vos@ profe e traédea ao cole...

SEGURO QUE O FARÁS ESTUPENDAMENTE!

BENVIDOS!!!

OLA:

Un curso máis estamos aquí... no noso querido CEIP Espiñeira. Antes de nada dar a benvida aos novos amigos de Espiñeiriña: Iago, Luis, Nicolás, Nuno, Pablo, Lúa, Mauro, Carlos e Breixo.
Como sabedes eu, Espiñeiriña, son a vosa mascota e atoparédesme na biblioteca, espero que veñades a visitarme moito durante este curso.
Na biblioteca, ademais de ir co teu profe unha vez á semana.... Sabías....


  • Que haxa frío, haxa calor, chova ou vente... a Biblio abre as súas portas os mércores e os venres no recreo?
  • Que todas as tardes, agás os martes, eu, Espiñeiriña espérovos con impaciencia de 16:30 a 17:30?
  • Que a Biblio é un lugar máxico no que poderás ler, investigar, estudar...?
  • Que ademais dunha morea de libros, temos ordenadores con internet para investigar e resolver as túas dúbidas?
  • Que os teus pais, nais, avós, avoas, tíos, curmáns... tamén poden vir visitarme?


NON SABER... XA NON É ESCUSA, 
ESPÉROTE NA BIBLIO!!!