23.12.23

Luces, Cámara, Acción e Diversión!

Ola cineastas!

Pásome por aquí porque estou moi contenta e orgullosa dos fermosos vídeos que fixeron as nenas e os nenos de Espiñeira! 

Si, xa sei, antes de nada teño que contarvos en que consistía a proposta enmarcada no noso proxecto anual do Cine! Pois neste concurso había que rodar un pequeno vídeo (un Micro-cine) relacionado co nadal que tivera unha duración máxima dun minuto. O obxectivo deste era amosar calquera sentimento relacionado con estas datas.

Despois de reunirnos todo o Equipo de Biblioteca e debater, decidimos, coa dificultade que nos supuxo, que o vídeo gañador dun grande Óscar da escola era o de Mariña de 1º de Educación Primaria e o seu irmán Amaro de 3º de Educación Primaria. A nosa noraboa!

Ademais, tamén seleccionamos os mellores vídeos de cada curso que foron premiados cun pequeno Óscar. O resultado foi este:

    - 4º de Educación Infantil: Olivia

    - 5º de Educación Infantil: Unai 

    - 6º de Educación Infantil: Lara

    - 1º de Educación Primaria: Mariña

    - 2º de Educación Primaria: Aluhe

    - 3 º de Educación Primaria: Loaira

- 4º de Educación Primaria: Matilde

    - 5º de Educación Primaria: Vera

    - 6º de Educación Primaria: Carla


Porén, o alumnado que participou tamén foi agasallado cun trofeo de estrelas, porque toda a comunidade educativa de Espiñeira brila!

Deseguido podedes ver unhas fotiños coa entrega de premios:


 



                


Noraboa cativada, Noraboa familias! Noraboa Espiñeira!

Deséxovos moito felicidade no próximo ano!

Espiñeiriña.



20.12.23

GUÍAS DE LECTURA DOS EDLG DO MORRAZO

Bo día navegantes:

Como cada ano compartimos con todos e todas vós as GUÍAS DE LECTURA, coas últimas novidades en lectura e música en galego, elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, do que formamos parte.

Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais. Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías...

Desprega as páxinas... e deixa voar as palabras...

INFANTIL


PRIMARIA


Ademais, deixamos a vosa disposición este fermoso cartel que inclúe as suxestións para infantil, primaria, secundaria e persoas adultas.


               Viaxa co galego a universos paralelos...

Esperamos que vos sirvan de axuda e que poidades gozar do pracer da lectura e da música en galego...

Un saudiño e ata a próxima viaxeir@s!