30.11.17

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como cada ano participamos nas actividades organizadas polo concello de Cangas cun rap composto polo alumnado no Contexto Lingüístico.

1.11.17

POLO SAMAÍN- HALLOWEEN: "COMEMOS O MEDO"

Este martes 31 de outubro celebramos no cole o Samaín-Halloween "Comemos o medo"Durante a semana anterior todos o cole fixemos obradoiros nos que elaboramos e degustamos receitas terroríficas...E ricas! Tamén investigamos polas aulas cales eran os principais froitos de outono e coa axuda das familias decidimos expoñelos dun xeito creativo...
E coma sempre a nosa exposición de cabazas, feitas polo noso alumnado e as súas familias tamén (que sería de nós sen elas...)
E para o día 31 de outubro na biblioteca tivemos contacontos en língua galega e inglés realizados polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que nun ambiente medorento fixeron as delicias dos máis pequenos de Ed. Inf. 1º e 2º.



25.10.17

ARRANCAMOS UN NOVO CURSO... "TRANSFORMANDO"!

O día 24 de outubro celebramos o tan esperado Día das Bibliotecas Escolares cunha festa moi especial! Así, a nosa mascota Espiñeiriña celebrou connosco a súa graduación e consecuente paso a secundaria!!! Iso si, seguirá moi presente no noso cole xa que o seu horario especial de clase llo permite.

Tamén falamos dos grandes cambios experimentados na escola nestes últimos meses... polo que aquí vos deixamos a nosa presentación que todo alumnado e mestres/as puidemos contemplar neste gran día:
http://prezi.com/zl2e7vttdtk3/?utm_campaign=share&utm_medium=copy

Ademais, fixemos entrega do carné ós novos alumnos e alumnas...






            


 


  


 




               


  

                

...dos contratos para os e as axudantes de biblioteca...

                



...e tamén duns marcadores moi prácticos e orixinais xunto coas xa míticas mochilas viaxeiras!!!

  

  

                            

     

































































































19.5.17

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado martes 16 de maio e cun día de adianto conmemoramos no cole o Día das Letras Galegas, que como sabedes este ano se adica o autor Carlos Casares. Co fin de celebrar este día de festa, organizamos unha procura de libros do mencionado autor,  dunha maneira divertida, mirade o que montamos e que ben nolo pasamos.

14.5.17

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Empeza a semana das letras galegas que como sabedes este ano dedícase ao autor Carlos Casares e para preparar a celebración especial que desde a biblioteca teremos o próximo día 16 de maio nada mellor que familiarizarnos coa vida e obra deste autor. Botade unha ollada ao que atopamos na rede dedicado a el.



No Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras fixeron esta estupenda liña do tempo da vida de Carlos Casares para vela premede na imaxe.




E premendo na seguinte imaxe enlazaredes cunha web da RAG, Primavera das letras, onde atoparedes un montón de recursos para traballar e aprender



E se queredes ver a versión da Galiña Azul que fixeron no Ceip As Fontiñas...






11.5.17

NOVAS!!!

Espiñeiriña necesita axuda!!! Ten que localizar uns libros perdidos na nosa biblioteca!!! Pide máxima difusión deste cartel!!
Para que poidas ser de axuda le con atención a seguinte información.

 COMO LER O TELLOLO DUN LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA



25.4.17

LECTAURANTE

Este curso ao coincidir o Día do Libro en domingo decidimos facer a nosa celebración o luns 24 de abril cunha actividade para todo o alumnado do cole. Os alumnos/as maiores puideron ler aos/as máis pequenos/as e así gozar xuntos das novidades da nosa biblioteca,  nunha "Degustación literaria" digna do mellor "Lectaurante", mirade que ben nolo pasamos.


21.4.17

AGASALLO

Espiñeiriña está moi contenta recibiu un paquete de agasallo de parte do ANPA do noso cole para celebrar o próximo Día do Libro. Moitísimas grazas!




5.4.17

NOVIDADES

Estes días  a nosa biblioteca cheira a libros novos e con eles estamos a cocer algo moi interesante. Permanecede atentos!






 Non deben estar nada mal estas lecturas! O noso esixente control de calidade demóstravolo.



22.3.17

SEMANA DA POESÍA CON ROSALÍA

A semana pasada estivemos a realizar na biblioteca un taller de caligramas con poesías de Rosalía de Castro. Os alumnos e alumnas de Infantil, 1º e 2º aprenderon que hai diferentes formas de facer poesía. Mentres os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º compuxeron "Rap" inspirados na nosa xenial autora á que dedicamos o Día da Poesía neste curso.


14.3.17

BLOG CONXUNTO DA BIBLIO E EDLG

Despois de estudar as distintas posibilidades, acordamos que sería máis conveniente, a partir do mes de febreiro deste curso, xuntar nun só BLOG os de BIBLIOTECA e EDLG. Por iso as novas entradas destes dous equipos, que estamos traballando conxuntamente, poderedes atopalas sempre aquí.

Se queredes ver entradas anteriores do blog antigo do EDLG, podedes velas pulsando debaixo da imaxe de Espiñeiriña, na portada deste blog, onde pon  "BLOG EDLG"

9.3.17

DÍA DA MULLER

Durante a semana do día 8 de marzo e para conmemorar o Día da Muller, desde a biblioteca  propuxemos ás titorías a elaboración dunha pequena investigación sobre mulleres que destacaron en diferentes campos. Despois de escoller e elaborar as biografías de todas elas montamos un libro que xa está listo para ser lido na nosa biblioteca.
 

30.1.17

SEMANA DA PAZ

Esta semana no cole vimos desenvolvendo unha serie de actividades arredor da temática da paz: murais, mensaxes secretas, consignas. Desde a biblioteca contribuímos con esta selección de lecturas que agardan ser lidas por vós.


Tamén queremos recordar a figura da escritora Gloria Fuertes que compuso moitas das súas obras coa temática da paz. Este ano  conmemórase o centenario do seu nacemento e dende a biblio pensamos que non hai mellor homenaxe para un artista das palabras que facelo a través delas.

10 Poemas para a paz de Gloria Fuertes




E coma as mellores celebracións sempre van acompañadas de música. Ide aprendéndoa!!!