O venres foi o día escollido para que por fin empezasen as mochilas viaxeiras o seu recorrido polas casas das nosas familias.
Libros de aventuras, poemas, cómics, libros para pais e nais, películas e música viaxan as casas durante 15 días.
Ahhh! Esquecíame, este curso na mochila tamén vai algún libro que ten relación co noso proxecto anual:
Unha viaxe polo tempo.
Estou moi impaciente por ver os resultados.
Animádevos coa lectura!!!
Espiñeiriña.