Ola entroideiras e entroideiros!
Pois partindo do titular desta entrada, que é un anaco dunha copla do libro Anacos da nosa cultura, este ano dedicamos esta festa tan tradicional na nosa terra aos oficios relacionados co mar, coa agricultura e coa artesanía...
Pero estarédesvos preguntando cal foi o motivo da nosa escolla... a resposta é porque como ben sabedes o Proxecto Documental Integrada da nosa escola este ano é: Intelixencia Artesanal, a maxia e a beleza do feito a man.
Por iso, en Espiñeira sabemos que grazas á palabra artesanía emerxen outras que son a paixón, a implicación nos procesos, etc. En poucas palabras, podemos dicir que esta é parte do noso patrimonio cultural, xera unha identidade, reflicte a nosa capacidade creativa e é testemuña da nosa maneira de vivir, do noso tempo, da relación coa contorna e a sociedade...
Comezamos, como ben sendo habitual no centro, inventando a letra da nosa canción de Entroido "O Carnaval de Aldán", baseándonos na melodía da rumba "O Carnaval de Vilariño". Cada ciclo inventou unha estrofa da canción e E.I. o retrouso...Aquí tedes unha mostra:
Como tamén ben sendo habitual, fixemos un pasarrúas pola contorna,este ano pola parte a arriba da parroquia, acompañados das familias e da charanga de Aldán "Cheghar e encher".
Cómpre
dicir, que desfrutamos e sentímonos moi ben acollidas e acollidos pola
veciñanza que nos aplaudía, cantaba e nos animaba!
O alumnado de 5º e 6º de E.P. puideron desfrutar dun OBRADOIRO DE PERCUSIÓN impartido tamén pola comparsa Carnavaldán.
E para rematar amosámosvos unhas fotos da habitual degustación das sobremesas típicas do entroido aportadas polas familias e alumnado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario