2.6.23

NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!!!

Como en sendo tradición no noso centro, o alumnado de E.I. e 1º e 2º de E.P. participamos no tradicional CORRELINGUA, este ano en Moaña, para poñer desta maneira, un pequeno graniño en defensa da nosa lingua. Para iso, elaboramos unhas pancartas e unhas camisetas e coa nosa canción  "Fálame en galego", feita para as Letras Galegas, saímos a rúa nunha marcha a favor pola lingua...














Ademais, defrutamos moitísimo do "Consiertaso PunkInfantil" da man de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso ("As Monchas").




Un saudiño e ata a próxima...

A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, AS NOSAS LETRAS VAN...

Este ano quixemos festexar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS dedicando a semana do 15 ao 19 de maio, a coñecer a figura de Francisco Fernández del Riego e a facer actividades en defensa da nosa lingua. 

OBRA DE TEATRO: @s nen@s de 5º e 6º de E.P. prepararon a obra de teatro "As cousas de Don Paco" para representar diante de tod@s @s nen@s do cole.

ÁLBUM DE CROMOS: Durante toda a semana, fomos completando un álbum de cromos, os cales tiñamos que conseguir falando en galego. No tempo do recreo, os profes de garda personalizados coas personaxes da obra de Francisco Fernández del Riego foron os encargados de dar aos nen@s, "se lles falaban en galego" os cromos, realizados un por aula,  para completar cada un o seu álbum. 




CREACIÓN PLÁSTICA de todo o alumnado do centro, con todas as frases feitas nas distintas aulas en defensa do noso idioma, para a realización dos cromos.


CANCIÓN "FÁLAME EN GALEGO": Como ben sendo habitual no nosos centro, inventamos outra canción para esta ocasión tan especial... Esta vez a melodía elixida foi a da canción de "Terra", da nosas queridas Tanxugueiras e a letra foi sacada dos lemas seleccionados para o álbum de cromos.

Aquí podedes escoitar como foi cantada por todo o alumnado do centro o rematar este semana dedicada as Letras Galegas:


Un saudiño e ata a próxima...



19.5.23

TI MÁIS EU FORMAMOS O MUNDO!

Ola Mundo!

Inclusión, semellanzas, respecto, culturas, diferenzas, igualdade,... porque estas palabras? Pois ben, estes termos compoñen a árbore da vida que leva como nome a interculturalidade.

Neste sentido, este termo refírese á confluencia entre dúas ou máis culturas que conviven e relaciónanse entre si, a pesar das diferenzas culturais. Todas as culturas participantes do intercambio inflúense entre elas, beneficiándose unhas das outras.

Porén, é certo que na práctica, as veces, obsérvase que se dan xerarquías entre as diversas realidades culturais, que existen barreiras culturais e desigualdades sociais. Polo que, cómpre apelar ao diálogo, ao respecto e ao achegamento sen prexuízos

Isto é un tarefa na que está traballando a sociedade na que vivimos, e, por suposto, a nosa escola, na que as diferenzas conforman a realidade do día a día.

Tendo en conta o dito, en Espiñeira temos claro que non soamente fan escola a comunidade educativa e as familias, senón que tamén a sociedade, a nosa contorna máis próxima, como é neste caso o Concello de Cangas. Este ano celebráronse as XVI Xornadas Interculturais cuns obradoiros destinados a Educación Primaria. A continuación vou nomear as tres actividades levadas a cabo:

- Contos do mundo. As viaxes de Irene (ONG Solidariedade Internacional de Galicia): para o alumnado de 4º de Educación Primaria.

- Ximkana Multicultural (Solidariedade Internacional de Galicia): para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

- A Gran Festa (ONG Ecos do Sur): para o alumnado de 6º de Educación Primaria.

Ademais, a cativada de Educación Infantil, 2º e 3º tamén tiveron a gran sorte de desfrutar dunha sesión de contacontos con Anxo Moure.









En definitiva, non esquezades nunca de pensar na outra persoa, de recoñecela e actuar en sintonía coas súas características culturais. Esta é a chave de felicidade! Prométovolo!

Unha apertiña agarimosa,

Espiñeiriña.


9.5.23

AÍ VEN O MAIO DE FLORES CUBERTO...

 Bos e felices días mundo!

Queridiños Maios, queridiña tradición, queridiña Galiza... 

O mes de maio asómase tras un clima frío, os paxariños quéntanse o sol e anúnciannos co seu cantar que chega unha nova estación... 

A alegría enche os nosos corazóns e todas e todos unidas e unidos celebramos a primavera.

Nós, en Espiñeira, reunímonos no patio do colexio para facer diversos OBRADOIROS DE ADORNOS FLORAIS e decorar así a nosa escola...


Para iso, formamos 7 grupos mixtos, compostos por nenas e nenos das diferentes idades:





Tamén aproveitamos para facer colares, pulseiras, coroas... entre outros complementos. Para iso, empregamos principalmente xestas, pampillos e outras flores, fiuncho e TANZA ECOLÓXICA feita coa planta da rafia.








E como non podía faltar na Espiñeira e continuar así, como cada ano, coa nosa tradición, tamén vestímonos de MAIOS HUMANOS: 



E, por suposto, para finalizar, cantamos a nosa cantiga dos Maios:




Un saúdo e ata a próxima, viaxeir@s!!!