24.4.23

LIBROS! LIBROS!

O universo está feito de historias, non de átomos dicía Muriel Rukeyser en 1992

Libros! Libros! Unha palabra máxica que equivale a dicir "amor, amor" corroboraba Federico García Lorca en 1931. 
Neste discurso afirmaba que estas eran palabras que dicían os pobos para pedir, como piden pan ou desexan que chova para as súas sementeiras. 
Cando o insigne escritor ruso Fedor Dostoyevsky estaba prisioneiro na Siberia, lonxe do mundo, entre catro paredes e cercado por paisaxes de neve infinita, pedía socorro nunha carta á súa afastada familia coas seguintes palabras: Enviádeme libros, libros, moitos libros para que a miña alma non morra!. El tiña frío pero non pedía lume, tiña sede e non pedía auga, porén pedía libros, é dicir, horizontes, escaleiras para subir ao cume da imaxinación e do corazón. 
En resumidas contas, defendía que a agonía física, natural, biolóxica, dun corpo por fame, sede ou frío, dura pouco, moi pouco, pero a agonía da alma insatisfeita dura toda a vida...

Nós, Espiñeira, somos a escola dos libros, vimos dun mundo de historias, cada unha da súa casa, da súa familia, de cada imaxinación, de cada nena, de cada neno...

Para nós os libros son o noso navío que nos permite viaxar polos mares das palabras, deternos en diferentes países coas súas costumes, gastronomía,...

Queres vir connosco? Queres coñecer a nosa gastronomía literaria?

A primeira actividade que se levou a cabo foi o "Tapeo literario" onde a cativada desfrutou de diferentes tapas de obras literarias ofrecidas en distintos "restaurantes"... Toda unha exquisitez!












 







A derradeira proposta foi o "Sorbo literario" que consistía en beber pequenos sorbos a extractos de novelas, poemas, contos,... O seu lema é: Se tes sede de lectura podes coller un sorbiño, le e desfruta, despois déixao no seu vasiño.

 



Vémonos noutras historias queridiñas e queridiños!
Espiñeiriña.
 

21.4.23

DÍA DAS ARTES GALEGAS: MARTÍN CODAX

 Ola queridiñas e queridiños!

Con motivo da conmemoración desta efeméride celebrada o 1 de abril,  a volta das vacacións de Semana Santa, festexamos a figura do poeta e trobador galego MARTÍN CODAX, seguramente orixinario de Vigo ou vinculado a esta cidade, dadas as continuas referencias a dito lugar non seus poemas. 

O seu nome loce en letras vermellas no pergamiño Vindel, o mesmo que recolle as súas excelsas sete cantigas de amigo, sete cancións (unha das cales carece de notación músical) nas que a moza namorada agarda a chegada do seu namorado, tan inqueda que interpela ás ondas do mar de Vigo polo paradoiro do seu amigo.

Do mesmo xeito, nós decidimos crear o noso pergamiño Espiñeirel, onde cada un dos diferentes niveis traballou unha das sete cantigas, adaptándoa e axustándoa ó retrouso dunha canción da actualidade elexida por eles. 

Porén, cada grupo traballou a seguinte cantiga  e adaptouna o retrouso da canción escollida:

E.I.: "Ondas do mar de Vigo" CANCIÓN: “DESPECHÁ" - ROSALÍA 

1º E.P.: "Mandad´ei comigo ca ven meu amigo" CANCIÓN: “TGD” - SHAKIRA & KAROL G

2º E.P.: "Mia yrmana fremosa treides comigo" CANCIÓN: “QUEVEDO II BZRP SESSIONS #52” 

3º E.P.: "Ay Deus se sab´orameu amado" CANCIÓN: “TERRA” – TANXUGUEIRAS

4º E:P: "Quantas sabedes amar amigo" CANCIÓN: “SHAKIRA II BZRP SESSIONS #53” 

5º E.P.: "En o sagrad´e Vigo" CANCIÓN: “NOCHENTERA” – VICCO

6º E.P.: "Ay ondas que eu vin veer" CANCIÓN: “ONE KISS” – DUA LIPA & CALVIN HARRIS

Aquí podedes ver o resultado do noso 

PERGAMIÑO ESPIÑEIREL:

Ademáis, todo o alumnado levou para agasallar a súa familia un Pergamiño Espiñeirel, coas sete cantigas adaptadas e cun código QR para poder escanear e desfrutar da letra e música seleccionada para cada unha delas.

Tamén, no patio do colexio, fixemos un "consiertaso" onde cada un dos grupos deleitounos coa súa cantiga...

Todo un éxito!!!!!!!

E.... por último, o alumnado de 5º e 6º de E.P. fixo unha recreación plástica do poema "Ondas do mar de Vigo". Así de ben lles quedou...

UN SAÚDO E ATA A PRÓXIMA VIAXEIR@S...