14.4.10
Abril mes do libro
Durante todo o mes de abril temos programadas unha morea de actividades relacionadas coa lectura: representacións, concertos musicais, encontros con autores e ilustradores... xa vos iremos informando
Rata linda no auditorio
Onte os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º e 2 º ciclos de Primaria, asistimos a unha representación do conto "Rata linda de Compostela" do noso benquerido autor "Bernardino Graña".
Celebrouse no auditorio de Cangas e foi organizado pola editorial Xerais, dentro das actividades de animación á lectura programadas para este curso.
Os nenos e nenas de 2º e 3º ciclos estamos elaborando as ilustracións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)