20.11.12

10º aniversario do Prestige

Na biblioteca estivemos vendo un documental sobre o desastre do Prestige, acontecido en Galicia fai dez anos.

9.11.12

CONTOS DE MEDO - SAMAÍN '12

O mércores 31 de outubro celebramos o Samaín. Na biblioteca, que se atopaba o final dun túnel escuro decorado por nos, escoitamos historias e contos de medo.

TEATRO: "A LENDA DO REI ARTURO"

Aquí tedes as fotos da obra de teatro desta historia tan lexendaria.

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa están listas as mochilas viaxeiras, que disfrutedes delas!!




CURSO 2012-13


">
Benvidos a todos a un novo curso. A Biblioteca do CEIP Espiñeira, como cada principio de curso, acolle ós novos alumnos para enseñarlles o funcionamento da mesma e para entregarlles os seus carnés.
A gozar da lectura.


20.5.12

O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES II

Aquí tedes o 2º EDILIM. Pica na imaxe.

6.5.12

TRABALLANDO A FINA CASALDERREY

Ao longo deste curso, o alumnado do 2º ciclo leu o libro "O estanque dos parrulos pobres" de Fina Casalderrey. Aquí tedes o primeiro LIM para xogar:

24.4.12

Celebración do Día do Libro

Para conmemorar este día tan especial, o alumnado de E.I. e 1º ciclo foron apadriñados polos nenos e nenas de 2º e 3º ciclo. Na hora de ler, e polos recunchos do colexio, cada padriño e madriña contoulles a cadanseu afillad@, un conto, compartindo así a maxia da lectura.

19.4.12

FINA CASALDERREY

O vindeiro 28 de maio contaremos coa visita da escritora Fina Casalderrey. Todo o alumnado do cole xa está traballando con algún dos seus libros. Se queredes saber máis da súa vida e obra, podedes xogar co Edilim.

17.4.12

ENCONTRO CON ANXO FARIÑA

ABRIL: mes dos escritores e ilustradores Hoxe tivemos na nosa biblioteca un encontro co autor e ilustrador do libros: "A chave da Atlántida" e "Os Megatoxos". Aquí tedes algunhas fotos:

10.4.12

2 de abril: Día Internacional do Libro Infantil

Esta data coincide co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de libros tan coñecidos como “O parrulo feo”, “O traxe novo do emperador”, “O soldadiño de chumbo”, A sereíña”…

Máis información na web de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Aquí tedes un xogo co que nos agasalla o CEIP Mestres Goldar.


13.3.12

DÍA DE ROSALÍA

Aquí tedes as fotos da celebración do Día de Rosalía na nosa biblioteca. Os de 4º contáronnos a vida da escritora Rosalía de Castro cun Power Point do libro de Helena Janeiro.

24.2.12

24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemórase o 175 aniversario do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro.
O CEIP Frian -Teis agasállanoscunha pequena selección de vídeos e música: