25.11.21

ESPIÑEIRA CONVIVE : 25 DE NOVEMBRO

Neste día tan especial a escola da Espiñeira súmase á CAMPAÑA ÚNETE. Posta en marcha en 2008, esta iniciativa das Nacións Unidas  propón que de aquí ao 2030 poñamos fin á violencia contra as  mulleres  e as nenas en todo o mundo.

Día Laranxa

Establécese o día 25 de cada mes como “Día Laranxa”, un día para xerar conciencia e pasar á acción. Como cor brillante e optimista que é, o laranxa representa un futuro sen violencia machista. Esta proposta insta ás persoas de todas as partes do mundo a que leven algo de cor laranxa e tomen medidas para poñer fin á violencia  en todas as comunidades, no fogar, nos espazos públicos, nas escolas e nos lugares de traballo, durante os conflitos e en tempos de paz.

Por iso ademais de traer unha prenda laranxa, decidimos levar unha PULSEIRA LARANXA, porque todos e todas queremos participar.




Traballando desde as aulas aprendemos que: NON HAI MAIOR ACTO REVOLUCIONARIO CONTRA A VIOLENCIA QUE O AMOR, O RESPECTO E A AMABILIDADE. Por iso fixemos estes vídeos que agardamos que vos gusten!


 

O alumnado desenvolveu unha CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO reflexionaron sobre as diferenzas entre nenos e nenas..., pero realmente existen, son impostas, son creadas? Tamén elaborou un DECÁLOGO para combatir o machismo e tras traballar sobre O AMOR fixeron NUBES DE PALABRAS.




Ademais tamén querémosvos amosar o MURAL que fixemos desde a área de educación artísticaMULLERES LIBRES COMO O MAR.


Para rematar a xornada xuntámonos no patio da escola e  bailamos e cantamos a canción "QUE NON MO NEGUEN" das TANXUGUEIRAS, porque coma elas, queremos MULLERES FORTES E LIBRES.



24.11.21

AULA GRANDE: O TOBOGÁN DA ESCOLA

Bo día navegantes!

Recordaredes que na celebración do día das bibliotecas escolares presentamos o lema gañador do proxecto. Este foi seleccionado tras a realización dun concurso onde convidamos a todo o alumnado a participar, "AULA GRANDE: O TOBOGÁN DA ESCOLA". Nesta ocasión, presentaremos o LOGO elixido, pero para descubrilo, as nenas e nenos dos diferentes cursos tiveron que realizar unha XINCANA con probas realizadas en 4 espazos do noso patio.

Previamente, enviamos unha carta ás aulas xunto a unha serie de pistas que lles levarían ó lugar onde se desenvolvería a actividade.

A continuación, compartimos xunto as pistas, alguhas imaxes das probas que realizaron por equipos nas seguintes localizacións:

1) CARBALLEIRA:

Con paus e landriñas,
terra e pedriñas,
poderás crear
un debuxo familiar.









2) MOREIRA

Onde os vermes de seda
 vexas pasear,
constrúe unha ponte
 nese lugar.








3) CHARCA

Canto lixo, croá-croá,
pobres sapos, pobres rás,
quita o lixo, croá-croá,
e bechos ledos verás.







4) MONTAÑA DE TERRA

Préto do pavillón
na montaña marrón,
crea unha canción
que mole mogollón.







E este foi o resultado da canción que compuxeron en tan só 20 minutos:


Parabéns rapazas e rapaces! 💜💛💚

Por último, rematamos a xincana descubrindo o LOGO do proxecto de patios...

"AULA GRANDE: O TOBOGÁN DA ESCOLA".







Prontiño compartiremos novas aventuras 😊

Un saúdo.

Espiñeiriña.

22.11.21

SESIÓN DE CONTACONTOS

O pasado venres tivemos unha visita mooooi especial! Acudiu a nosa biblioteca o escritor Oli, o cal nos dedicou unha sesión de conta-contos súper entretida e con algunha que outra sorpresa.

Primeiramente, atopouse coas nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria, quenes puideron desfrutar da narración das seguintes obras:



E outras máis que Oli tivo que engadir tras escoitar os gritos de: "outro, outro, outro!"



Despois, foi o turno do alumnado de Educación Infantil, os cales gozaron das aventuras de Artur e dos famosos ratos xa coñecidos nas casas e nas escolas:



Como na anterior sesión, unha vez rematados os tres relatos, a rapazada comezou a dicir: "outro, outro, outro". E dous contiños máis foron narrados! 😀




Ademais, dedicou un tempiño para asinarnos algunhas das súas obras e que, por suposto, non poden faltar na nosa biblioteca! 😀 




Graciñas por permitirnos viaxar a través das historias e personaxes dos contos e por este boísimo "rato" que nos fixeches pasar!!!

Deica pronto Oli!