23.11.09
25 de novembro: Día Internacional da non violencia de Xénero
Aquí tedes algunhas recomendacións do cole de Quintela para traballar dende a biblioteca esta celebración. Picade AQUÍ
28.10.09
O Samaín

Esta semana imos a celebrar a festa popular galega do Samaín. O próximo Venres 30 de Outubro faremos unha festa con baile de disfraces, talleres, exposición de libros de medo, lectura de lendas e meigallos...
Convidamos a todos os pais e nais que desexen a asistir á celebración a partir das 12.30 da mañá.
Andamos estes días a aprender esta canción para o venres, aqui tedes letra e música para praticar na casa:
Samaín (Mamá Cabra)
">
Saída Literaria ó Auditorio de Cangas

Os nenos e nenas da escola realizaron unha saída literaria para coñecer o novo libro do escritor Xosé Miranda Ruiz editado por Xerais.
Aqui deixamos a sinopse do libro:
"Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista...Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca é a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo. Este destemido estudante de maxia será capaz de desaparecer e transformarse en obxectos e animais, vive apaixonantes aventuras, onde na liña da mellor literatura fantástica non falta o amor, nin a lealtade nin a necesidade de superar as máis arriscadas probas. Proximamente aparecerá o segundo volume da serie titulado: Amancio Amigo e o demo da botella. Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante".
Un saúdo.
Mes das Bibliotecas Escolares

Este mes temos unha importante celebración na nosa escola xa que, é mes das Bibliotecas Escolares.
É un homenaxe que facemos as nosas queridas bibliotecas que tanta ledicia e sabiduría desprenden xa que, a través delas e dos seus libros podemos descubrir historias maravillosas, consultar información, mergullarnos en mundos lexanos e atopar nas palabras un espectacular universo de sensacións.
Aqui tedes o cartel deste ano para lembrar as potencialidades das bibliotecas á hora de integrar saberes, soportes e actividades destinadas á mellora das competencias básicas do alumnado.
13.5.09
ANXO FARIÑA NA BIBLIOTECA
4.3.09
VISÍTANOS FINA CASALDERREY

Ola! Como xa vichedes na páxina web do cole o vindeiro día 12 de Marzo visítanos Fina Casalderrey.
Os nenos de 2º e 3º ciclo asistiron na biblioteca a unha presentación dun dos seus contos "Xela volveuse vampira!!" Neste conto a mellor mestra do mundo de súpeto parece maís morta que viva.Estarase a volver vampira? Lédeo para descubrir que lle pasa!!!!!
19.2.09
16.2.09
Hoxe recomendamos....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)