9.3.22

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este 8 de marzo sumámonos ás reivindicacións do feminismo e unha vez máis puxemos en valor a mulleres relevantes, nesta ocasión destacamos a mulleres actuais da nosa contorna nunha exposición a que chamamos GALEGAS TODAS.

Nesta ocasión rendemos homenaxe á ilustradora e profesora Luz Beloso, á Chus Lago, alpinista,exploradora, escritora e política, á cantante SÉS, a deseñadora Purificación García, á astrofísica Mª Begoña Vila Costas, a debuxante Emma Ríos, á poeta Míriam Ferradáns, á olímpica María Abel e a Míriam Pena,unha das mellores enxeñeiras do mundo que traballa en Silicon Valley.

Os pequenos e pequenas de 5 anos deixannos este fermoso vídeo:











Tamén os nenos e nenas de 3 anos quixeron ir máis alá e iniciarse como ilustradores e ilustradora emulando a Luz Beloso


O alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de contar coa visita da autora bueuense, Míriam Ferradáns e de falar con ela animadamente na nosa biblioteca.


De xeito especial o alumnado de 5º  de primaria presenta a María Abel mestra de educación física da nosa escola e participante nos Xogos Olímpicos Sidney 2000 nos 10.000 m e en Atenas 2004, en maratón.



Ademais o  alumnado de 6º presenta nun vídeo a  Concha Blanco.

O Concello de Cangas enviounos uns MARCAPÁXINAS para o alumnado dentro da Campaña "Recuperando a historia das nosas veciñas".

                                                     

Nós tamén quixemos completar o día vestíndonos coas camisetas que estampamos co lema deste ano: GALEGAS TODAS.





 

                                        

3.3.22

ENTROIDO NA ESPIÑEIRA

Bo día navegantes! 

Como ben sabedes, estamos inmersos no proxecto sobre o noso patio, por iso e coa axuda das familias, quixemos celebrar un entroido no que a fauna e a flora do patio fora a protagonista 🐛🐜🐝🐞🐤🐣🐥🐦🐧🐸🐉🌲🌵🌴🌳

Durante a semana de entroido houbo diferentes actividades entre a que destacamos o mandadiño, que este curso portouse da seguinte maneira:

- O luns, algo verde traerás e unha ra parecerás.
- O martes, en ave te convertirás e plumas na cabeza levarás.
- O mércores, se te queres divertir cunha saia terás que vir.
- O xoves, o mandadiño rematarás e un pé de cada cor traerás.

O venres foi o gran día, onde todos e todas desfilamos pola contorna. Compártovos este vídeo onde podedes ver as diferentes vestimentas, doces típicos da época e o ben que o pasamos ó ritmo das gaitas!


Antes de despedirme quería recomendarvos dous libros, presentes na biblioteca, sobre o entroido de Galicia que gusta tanto á cativada como as persoas adultas:


Posto que en Aldán aínda seguimos de entroido xa que o sábado é o enterro do mexilón, só temos que dicirvos: QUE NON PARE A FESTA!

Un saúdo.

Espiñeiriña.