19.6.20

RETO E RECOMENDACIÓNS LITERARIAS!

Bo día familias!

A Asociación Juan XXIII de Cangas retou ao noso cole a que lle narremos un dos nosos contos favoritos..., e por suposto, nós participamos nesa iniciativa tan bonita. Dende o cole, derivamos este reto ó alumnado de 1º e 2º de Primaria xa que están a mergullarse semana tras semana no traballo e investigación dun conto diferente. Moitos dos rapaces e rapazas aceptaron o reto sen pensalo e velaquí os tedes:


Dende a biblioteca e EDLG, queremos dar as grazas a Asociación Juan XXIII, tanto por contar con nós nesta proposta, como polo estupendo traballo que día a día realizan a nivel de formación e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual.

Aproveitamos para compartir con vós algunhas recomendacións lectoras que abordan dunha maneira xenial a atención á diversidade e a inclusión:


Todas estas lecturas atópanse dentro do catálogo da nosa biblioteca.

Un saúdo e...
PASADE UN BO VERÁN!

Atentamente,
Espiñeiriña.



2.6.20

AS ÚLTIMAS NOVAS DE ESPIÑEIRIÑA!

Ola navegantes!

Quería compartir con vós o resultado da proposta que dende o cole enviamos ás familias para celebrar de maneira "conxunta" o Día e Mes das Letras Galegas. Entre os obxectivos da proposta, cabe destacar a misión de recordar aquelas palabras que habitualmente empregamos en galego de forma incorrecta ensinando, pola contra, a maneira axeitada de dicila. #DígochoEu

A continuación, amosámosvos a nosa propia versión da campaña da CRTVG chamada #DígochoEu.

Graciñas pola vosa colaboración familias!
 
Ademais, dende a biblioteca queremos informar que aínda permanecemos pechados e, polo tanto, non podemos facer actividades dentro da mesma nin habilitar o servizo de préstamo e devolución de libros. Non obstante, este último servizo si que xa está dispoñible nas bibliotecas públicas do Concello de Cangas. 

Compártovos información de interese en canto horarios, servizos e contactos:
*Informa o Concello de Cangas.

Un saúdo e deica pronto!
Espiñeiriña.