28.12.18

UN NADAL DE CONTOS!

Como colofón a este trimestre cargado de emocións, recibimos a visita dunha contacontos moi agarimosa e cun vínculo especial co noso centro.

Foron catro contos apaixoantes e moi entretidos, onde os cativos sempre tiñan un papel esencial no desenvolvemento. Non faltaron nin risas nin emoción!






Aproveito para felicitarvos as festas. Espero que volvades cargad@s de enerxía e con gañas de contar as vosas experiencias acontecidas durante o Nadal!

Bo Nadal e graciñas pola vosa colaboración!!!

Atentamente,
Espiñeiriña.

16.12.18

BENVIDA ÓS NOV@S USUARI@S E ÓS RECREOS NA BIBLIOTECA

O pasado mes demos a benvida ós novos usuarios da biblioteca coa entrega dos carnés para que puideran facer o empréstito de libros e audiovisuais. Acolleron a noticia con gran entusiasmo!




Iniciáronse os recreos na biblioteca, onde @s axudantes teñen un papel esencial no mantemento, funcionamento e dinamización da mesma.

Recreos na biblio: martes e xoves de 12:30 a 13:00 horas.

Ata pronto navegadores!