12.12.20

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E MUSICAIS EN GALEGO

Como ben sabedes, cada ano o equipo de EDLG de O Morrazo elabora unhas guías de lectura e música coas últimas novidades e reedicións en galego.


Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as recomendacións atendendo ás distintas idades.

- INFANTIL:

 

- PRIMARIA:

 

Ademais, deixamos a vosa disposición este fermoso cartel que inclúe suxestións para infantil, primaria, secundaria e persoas adultas.


Esperamos que vos sirvan de axuda e que poidades gozar do pracer da lectura e da música en galego.

Pasade unhas boas festas e deica pronto.

Espiñeiriña.



10.12.20

25N: UNIDAS POLA IGUALDADE

Durante a semana do 25n, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no cole fixemos moitas actividades en prol da igualdade entre homes e mulleres. Nas propostas didácticas participaron tanto as crianzas de educación infantil como o alumnado de primaria. Velaquí compartimos un vídeo no que queda reflectido todo o noso traballo:


Ademais, realizamos unha pequena selección de lecturas relacionadas coa temática e que se empregaron tamén nas clases:


Por unha sociedade libre de violencia machista!

Ata a próxima navegantes.

Un cordial saúdo,
Espiñeiriña








24.11.20

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Para conmemorar este día decidimos unirnos a unha iniciativa moi bonita impulsada pola "Asociación Estatal de Acogimiento Familiar". Dende a mesma, propoñían vir ó cole en pixama para reivindicar o dereito de cada neno e nena a crecer en familia, e iso foi o que fixemos:












Os cursos de Educación Infantil aproveitaron este dereito para traballar a diversidade familiar. Mirade que mural tan fermoso nos deixaron...!

Graciñas ás familias pola colaboración.

Ademais, os cursos de Educación Primaria elaboraron murais sobre os dereitos dos nenos e nenas e tamén tiveron tempo para visualizar algunhas pezas audiovisuais ("Lion", "Verano 1993") que sen dúbida lles fixeron reflexionar sobre a temática.

Realizado polo alumnado de 1º de Primaria.



Para rematar, compartimos unha selección bibliográfica que nós empregamos para saber e aprender máis, e que queremos compartir con vós.

Deica pronto navegantes!

Un cordial saúdo,

Espiñeiriña e o seu equipo.






29.10.20

UN SAMAÍN CHEO DE HISTORIAS

Hoxe celebramos o noso tradicional Samaín na Espiñeira e, como ben sendo de costume, nesta festividade non puideron faltar as historias relacionadas co medo.

Botando man da literatura, os cursos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria prepararon diferentes productos: audiovisuais, audiolibros, podcast...; que foron proxectados para todo o alumnado do cole dende as diferentes aulas.

- 3º Educación Primaria:

Libro ilustrado e redactado polo alumnado.


- 4º Educación Primaria:

PRESENTACIÓN DO LIBRO ILUSTRADO "Un océano de amor":

AUDIOLIBRO PARTE I

PARTE II

    

- 5º de Educación Primaria:

 Amosáronnos un terrorífico audio-libro sobre O Papón que nos gustou moitísimo:


Tamén vos queríamos compartir algunhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS relacionadas coa temática de Samaín/Halloween e destinadas a diferentes tipos de lectores: principiantes, afeccionados/as e expertos/as.









Desfrutade desta fin de semana longa de Samaín!


DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

O pasado venres celebramos o Día das Bibliotecas dunha maneira novidosa para nós, xa que non nos puidemos xuntar todos e todas na nosa biblioteca. En cambio, si que nos unimos para celebrar o día da mesma maneira dende as diferentes aulas. Velaquí vos deixamos algunhas fotos da nosa celebración:

1.- Presentamos a nova normalidade:



2.- Entregamos carnés ós novos usuarios:






3.- Desfrutamos xogando a un particular bingo literario:







4.- Entregamos as mochilas viaxeiras:





E este luns xa comezamos co ansiado préstamo de libros!

Desfrutade do pracer da lectura.


Ata outra navegantes,

Espiñeiriña.