3.10.24

XORNADA DE MOBILIZACIÓN POLO CLIMA

O pasado 26 de setembro celebramos unha Xornada de Mobilización polo Clima, para así coñecer a importancia de protexer o Medio Ambiente e actuar de maneira responsable contra o cambio climático. 

Os nenos e nenas de Espiñeira sabemos que nós podemos marcar a diferencia, por iso queremos compartir todas as actividades que fixemos.

Limos unha carta/ manifesto sobre os efectos do cambio climático e o conto "Unha mensaxe nunha botella", co cal aprendimos que reciclar é esencial para combatir o cambio climático.

Tamén nos convertemos en expertos da reciclaxe facendo un xogo de relevos, no que tiñamos que depositar os envases de lixo no seu lugar correspondente.









Con todos os envases, convertémonos en artistas e creamos a nosas propias "obras de arte". Dándolle un segundo uso a todo ese lixo que reciclaramos.



Ademais, debatemos sobre diversas curiosidades relacionadas cos temas ambientais: cambio climático, reciclaxe, microplásticos, etc. Con tarxetas informativas de "Sabías que..."

Como por exemplo...
  • Sabías que... as tartarugas mariñas confunden as bolsas de plástico coas medusas e, ao comelas, poden enfermar?
  • Sabías que... se reciclamos 1 soa botella de vidro, aforramos suficiente enerxía para que unha bombilla de 100 vatios funcione durante 4 horas?
Por último, fixemos unha actividade de peche e todo o cole reunímonos no patio para cantar a nosa "canción polo clima" e representamos entre todos e todas o símbolo contra o cambio climático:


O círculo representa a Terra e os dous triángulos representan un reloxo de area. Servindo coma advertencia de que o tempo se está acabando para algunhas especies. E nós podemos axudalas reciclando, reutilizando e coidando o planeta.

Axúdasnos?

30.9.24

PARA FACER ESTE VIÑO TIVEMOS QUE IR VENDIMAR!!!

O pasado venres o alumnado de Educación Infantil, convertéronse en auténticos vendimadores, dando comezo ao noso Proxecto Documental Integrado deste curso titulado "A Intelixencia Artesanal".

Ó entrar no cole atopámonos con que os corredores das aulas de E.I. estaban cambiados... Que estaba pasando?

  

Pero aínda había máis sorpresas... 

En Vilapeques apareceu unha vide con uvas de diferentes tipos....

Así que puxémonos mans a obra e comezamos a recoller as uvas como auténticos vendimadores...





   

Tamén as clasificamos segundo a súa cor e tipo (treixadura e  albariño, catalán "neghro" e catalán "roxo")...
   
A continuación, descalzámonos e comezamos a pisar os tres tipos de uvas, cada un no seu capacho, tal e como se facía hai moitos anos... Que sensación, sentir as uvas nos nosos pes...
 
   Xa por último, colamos e prensamos os distintos tipos de uva... 

E fixemos un mosto, que nos quedou moi saboroso... E que por suposto, probamos antes de que comezara a súa fermentación...

E ata aquí... toda a nosa experiencia en contacto cos oficios de antes:"Os vendimadores de Espiñeira"
Comezando a traballar deste xeito co noso PDI "A Intelexencia Artesanal".