O pasado luns reivindicamos o Día Universal da Infancia dunha forma moi especial, pois quixemos colaborar coa Asociación Estatal de Acogimiento Familiar seguindo a súa marabillosa proposta de vir ó cole en pixama. O pixama é símbolo de intimidade familiar, un momento no que as crianzas se senten protexidas, arroupadas e seguras. Así, a través desta acción e das diferentes actividades realizadas, concienciamos sobre 💜 O DEREITO DE TODO NENO E NENA A CRECER EN FAMILIA 💜
💭 ONDE COMEZAN OS SOÑOS! é o título do mural que realizamos. Nel podedes contemplar ó noso alumnado, pensando no seu soño, acompañado do seu obxecto de apego.
📹 SESIÓN DE CURTAS relacionadas co acollemento familiar e o dereito a crecer en familia.
📙 LECTURAS que abordan a temática da diversidade familiar e os dereitos da rapazada. Algunhas destas obras literarias chegaron as aulas de infantil envoltas en papel de agasallo.
E ata aquí o noso día do pixama!
Despídome ata a próxima aventura,
Espiñeiriña
No hay comentarios:
Publicar un comentario