Ola navegantes! Tédesme de novo por aquí!
SON DE COR CHOCOLATE, ÁBRENSE COA CALOR, E SE AS BOTAS AO LUME, ESTOUPAN DE SABOR.
REDONDIÑA E MORENIÑA, UN POUCO APLASTADA, PODES COMELA CRÚA, COCIDA OU ASADA.
OUTONO BONITO, FOLLIÑAS NO CHAN, CASTAÑAS ASADAS, QUE BOAS ESTÁN.
Retahílas coma estas resoan nas escolas, nas casas, nas rúas... é outono, é tempo de castañas...
O pasado venres celebramos, como cada ano, o Magosto na nosa escola! Para iso, as familias trouxeron leña, castañas e, por suposto, ofrecéronse voluntarias para axudarnos no asado deste delicioso froito seco!
Porén, agora vou detallarvos polo miúdo como foi o transcurso da xornada:
- Xuntanza do alumnado no Arco de Vella para confeccionar os diferentes grupos mixtos.
- Xogos populares no pavillón organizados pola Asociación Corredoiras. A continuación podedes ver como desfrutou a cativada...
- VIRAR CHAPAS
- TROMPOS
- DIÁBOLO
- PEZAS XEOMÉTRICAS
- AROS
- ZANCOS
- LABIRINTO DE CHAPAS
- CORDA
- RÁ
- RAIOLA
- PELOUROS
- PÉNDULO DE BOLA
- PESCA BOTELLAS
- LANZAMENTO DE ARIÑOS
- Xuntanza coas familias para degustar as castañas asadas: que pracer!
Isto é todo!
Ata outra queridiñas e queridiños!
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario