3.11.23

OS MINIMORTOS DA ESPIÑEIRA

Este ano, para festexar o Samaín na Espiñeira, centrámonos na colección de contos de LEDICIA COSTAS sobre "OS MINIMORTOS".


Os corredores estaban tan decorados, que metían medo...

O alumnado de E.I. e 1º, 2º, 3º e 4º de E.P. participou en cinco OBRADOIROS,  dirixidos por un mestr@ caracterizado por unha personaxe destes contiños -Dinamito, Maia, Pochiña, Petunio e Katakrack-  e axudados polos nenos e nenas de 5º e 6º de E.P. 

Os OBRADOIROS para o alumnado de E.I. e 1º de E.P. foron os seguintes:

1. BOCATA EXTRATERRESTRE: O alumnado elaborou unha receita moi saudable baseada nun sándwich en pan de molde con queixo, xamón, pauciños, uvas, arandos e xirope de chocolate.

 

2. APÓCEMAS EN LUZ NEGRA: Cada nen@ elaborou a súa apócema, con pinturas fluorescentes e moitos ingredientes de bruxas: ollos, cabazas, arañas, escorpións...

    
  
 

3. MESA SENSORIAL GRIMOSA: O alumnado puido desfrutar na "tuff tray" dunha experiencia que remexeu todos os seus sentidos.

     

    
    

4. BINGO MONSTRUOSO: Os nenos e nenas cubriron distintos cartóns de bingo con arañas monstruosas.
 

 

5. MONSTROTECA: O alumnado puido desfrutar de contos, curtas e por suposto, dunha discoteca terrorífica, organizada polo alumnado de 5º e 6º de E.P.

Pola súa banda, o alumnado de 2º, 3º e 4º realizaron outros cinco OBRADOIROS:

1. MORCEGO VOADOR  OU ARAÑA: Os nen@s realizaron distintas  manualidades utilizando materiais como cartolina, pinzas da roupa, bridas, limpapipas e ollos móbiles.


 
2. BAILE DA CABACIÑA: O alumnado bailou distintas cancións de Samaín intentando manter a cabaza entre as frontes ao ritmo das cancións máis terroríficas.

 

  

3. MERENDA TERRORÍFICA: Os nen@s elaboraron elaboraron distintas sobremesas como vasoiras de bruxa (queixo, pauciños e regaliz), teas de araña (madalenas e chocolate fundido) e caras terroríficas (plátanos ou mandarinas con pebidas de chocolate).

 

4. CARREIRA DE VASOIRAS: O alumnado tiña que desprazarse con diferentes movementos, procurando mantar a vasoira en equilibrio.

 

5. LENDAS DOS MINIMORTOS: Os nenos e nenas de 5º e 6º de E.P.  realizaron unha sesión de contacontos con distintas lendas e historias de medo. 



Tamén puideron escoitar alguns contos escritos polo alumnado de 5º e 6º de E.P., baseados nos Minimortos, pero coas súas propias historias... 

Podedes escoitar algunha destas lendas terroríficas na seguinte ligazón:

Ademais,  en cada uns dos obradoiros o alumnado tiña que ir pegando un cromo no seu ÁLBUM DO SAMAÍN para poder completalo o ir superando as distintas probas dos obradoiros... 

  

E xa, para rematar esta xornada de Samaín,  puidemos desfrutar dunhas merendas terroríficas feitas por verdader@s cociñeir@s monstruos@s:

  

E ata aquí foi todo...

Un saudiño e ata a próxima navegantes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario