Ola queridiñas e queridiños!
Con motivo da conmemoración desta efeméride celebrada o 1 de abril, a volta das vacacións de Semana Santa, festexamos a figura do poeta e trobador galego MARTÍN CODAX, seguramente orixinario de Vigo ou vinculado a esta cidade, dadas as continuas referencias a dito lugar non seus poemas.
O seu nome loce en letras vermellas no pergamiño Vindel, o mesmo que recolle as súas excelsas sete cantigas de amigo, sete cancións (unha das cales carece de notación músical) nas que a moza namorada agarda a chegada do seu namorado, tan inqueda que interpela ás ondas do mar de Vigo polo paradoiro do seu amigo.
Do mesmo xeito, nós decidimos crear o noso pergamiño Espiñeirel, onde cada un dos diferentes niveis traballou unha das sete cantigas, adaptándoa e axustándoa ó retrouso dunha canción da actualidade elexida por eles.
Porén, cada grupo traballou a seguinte cantiga e adaptouna o retrouso da canción escollida:
E.I.: "Ondas do mar de Vigo" CANCIÓN: “DESPECHÁ" - ROSALÍA
1º E.P.: "Mandad´ei comigo ca ven meu amigo" CANCIÓN: “TGD” - SHAKIRA & KAROL G
2º E.P.: "Mia yrmana fremosa treides comigo" CANCIÓN: “QUEVEDO II BZRP SESSIONS #52”
3º E.P.: "Ay Deus se sab´orameu amado" CANCIÓN: “TERRA” – TANXUGUEIRAS
4º E:P: "Quantas sabedes amar amigo" CANCIÓN: “SHAKIRA II BZRP SESSIONS #53”
5º E.P.: "En o sagrad´e Vigo" CANCIÓN: “NOCHENTERA” – VICCO
6º E.P.: "Ay ondas que eu vin veer" CANCIÓN: “ONE KISS” – DUA LIPA & CALVIN HARRIS
Aquí podedes ver o resultado do noso
PERGAMIÑO ESPIÑEIREL:
Ademáis, todo o alumnado levou para agasallar a súa familia un Pergamiño Espiñeirel, coas sete cantigas adaptadas e cun código QR para poder escanear e desfrutar da letra e música seleccionada para cada unha delas.
Tamén, no patio do colexio, fixemos un "consiertaso" onde cada un dos grupos deleitounos coa súa cantiga...
Todo un éxito!!!!!!!
E.... por último, o alumnado de 5º e 6º de E.P. fixo unha recreación plástica do poema "Ondas do mar de Vigo". Así de ben lles quedou...
UN SAÚDO E ATA A PRÓXIMA VIAXEIR@S...
No hay comentarios:
Publicar un comentario