O universo está feito de historias, non de átomos dicía Muriel Rukeyser en 1992
Libros! Libros! Unha palabra máxica que equivale a dicir "amor, amor" corroboraba Federico García Lorca en 1931.
Neste discurso afirmaba que estas eran palabras que dicían os pobos para pedir, como piden pan ou desexan que chova para as súas sementeiras.
Cando o insigne escritor ruso Fedor Dostoyevsky estaba prisioneiro na Siberia, lonxe do mundo, entre catro paredes e cercado por paisaxes de neve infinita, pedía socorro nunha carta á súa afastada familia coas seguintes palabras: Enviádeme libros, libros, moitos libros para que a miña alma non morra!. El tiña frío pero non pedía lume, tiña sede e non pedía auga, porén pedía libros, é dicir, horizontes, escaleiras para subir ao cume da imaxinación e do corazón.
En resumidas contas, defendía que a agonía física, natural, biolóxica, dun corpo por fame, sede ou frío, dura pouco, moi pouco, pero a agonía da alma insatisfeita dura toda a vida...
Nós, Espiñeira, somos a escola dos libros, vimos dun mundo de historias, cada unha da súa casa, da súa familia, de cada imaxinación, de cada nena, de cada neno...
Para nós os libros son o noso navío que nos permite viaxar polos mares das palabras, deternos en diferentes países coas súas costumes, gastronomía,...
Queres vir connosco? Queres coñecer a nosa gastronomía literaria?
A primeira actividade que se levou a cabo foi o "Tapeo literario" onde a cativada desfrutou de diferentes tapas de obras literarias ofrecidas en distintos "restaurantes"... Toda unha exquisitez!
A derradeira proposta foi o "Sorbo literario" que consistía en beber pequenos sorbos a extractos de novelas, poemas, contos,... O seu lema é: Se tes sede de lectura podes coller un sorbiño, le e desfruta, despois déixao no seu vasiño.
Vémonos noutras historias queridiñas e queridiños!
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario