Ola queridiñas e queridiños!
Con motivo da conmemoración desta efeméride, o 30 de xaneiro "festexamos" a importancia da paz no mundo, pero tamén incidimos noutros aspectos eductivos relacionados con esta temática, como poden ser a tolerancia, a empatía e o respecto e a axuda aos nosos semellates.
Nesta ocasión, reunímonos todo o colexio no patio e realizamos as seguintes actividades:
Por un lado, o MANIFESTO no que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria contounos os seus "soños" para conseguir un mundo mellor.
Por outro lado, a RUMBA DA PAZ no que a rapazada de Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Educación Primaria inventou a letra dunha canción para este día baseandose na melodía da rumba portuguesa "O Verdegaio", pertencente tamén o repertorio popular de Galicia. Este foi o resultado:
Por último, en canto á EXPRESIÓN ARTÍSTICA realizouse un mural colectivo titulado “Diversos camiños, un mesmo fogar”, relacionado co noso PDI “Polos camiños da tradición” reflexionando sobre a necesidade de ter en conta a nosa cultura e a nosa tradición, deixando así constancia deste proxecto a través da expresión artística. Tamén, aproveitamos para traballar algúns cadros de Picasso, por ser este ano o 50 aniversario da súa morte:
- Para o borde: "Mano con ramo de flores", que representa a amizade.
- No centro: "A pomba de Picasso", símbolo de paz, liberdade e igualdade en todo o mundo.
A continuación podedes ver o resultado:
Un bico xigante,
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario