Ola! Estou moi feliz de volver a estar por aquí e saudarvos...
Sabedes unha cousa moi moi interesante? O alumnado de 2º de Educación Primaria convidou primeiro ás familias e amizades e despois a todas as clases da escola a ver a magnífica obra de teatro do conto O Papón. Por certo, eu tamén tiven a gran sorte de ir... quedei abraiado!
Neste sentido, como ben sabedes a representación dese conto é o resultado dun proceso bastante longo, de meses de traballo e de ensaio. As pequenas actrices e os pequenos actores contáronme un pouquiño como foi a proceso, que vou compartir con vos:
- Selección e lectura do conto
- Reflexión sobre a historia
- Repartición por sorteo das diferentes personaxes que ía asumir cada persoa
- Traballo sobre o diálogo que lle tocou a cada menor
- Ensaios de varias sesións (na aula)
- Reflexión sobre como ía a ser o escenario
- Debate sobre que materiais, obxectos, mobiliario ían traer cada unha e cada un
- Deseño da decoración do escenario
- Colocación de todos os elementos no escenario
- Ensaios de varias sesións no escenario real e o último xa foi coa caracterización de cada personaxe
- Deseño e escrita da carta de convite para ver a obra
- E...
... chegou o día da estrea mundial da obra de teatro O Papón cun público moi numeroso no que se podían ver nais, pais, avoas, avós, curmáns, amigas, amigos, compañeiras de outras clases e moitísimas máis persoas... foi incrible!
Por iso, foi tal o éxito que o resto de clases tiñan moitas ganas de poder ver ese magnífico traballo e os primeiros convidados foron os de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria e outro día foron velas e velos o resto de clases de Educación Primaria.
Velaquí un breve resumo con imaxes do proceso:
No hay comentarios:
Publicar un comentario