23.2.22

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, día 23 de febreiro, festexamos o día de Rosalía de Castro con propostas moi interesantes 😍

Comezamos co PROGRAMA DA RADIO #SementadePensamentos

A continuación, a proposta que vos queremos compartir é a lectura do manifesto da AELG a cargo do alumnado de 1º de E.P.: 

Seguindo a iniciativa da AELG, os nenos e nenas de 4º de E.P. fixeron un mural sobre a autora. Mirade que bonito:


As nenas e nenos de infantil, convertéronse en artistas tomando como referencia poemas de Rosalía:

- Ilustración do poema "Alborada", polo alumnado de 5 anos:


- Caretas de mouchos (poema "O moucho"), polo alumnado de 3 anos:


O alumnado de 6º de E.P. xunto a "teacher", elaboraron un "timeline":

Alguén moi especial como é a nosa Leti, propuso ó alumnado do cole realizar un paraugas coa cara de Rosalía. A actividade resultou deliciosa, xa que para facela primeiro tiveron que comer un paraugas de chocolate e aproveitaron o bastón para realizar a manualidade.






Ademais, decidimos homenaxear a esta gran escritora galega versionando algúns dos seus poemas en forma de rap. O noso alumnado puxo moooitas ganas e entusiasmo e cremos que se reflicte no resultado:

Menudxs artistas!!!

Tamén quixemos poñer a disposición do alumnado e profesorado, diferentes obras da autora coas que contamos no cole e que vos recomendamos:

Novos exemplares
Novos exemplares

Estes libros chegaron ás aulas dunha forma moi especial: dentro dunha postal de Rosalía e acompañados dunha rosa e pétalos da flor da camelia, moi ligada a Rosalía.








Por último, compartímosvos algúns recursos didácticos e lúdicos para que vos divirtades aprendendo sobre a escritora.

💜 Feliz día de Rosalía! 💜

No hay comentarios:

Publicar un comentario