18.2.22

DESEXOS QUE VOAN ALTO

Como xa adiantamos na anterior publicación de LECTURAS POLA PAZ, na Espiñeira quixemos conmemorar o Día da Paz tomando como referencia o fermoso libro de "Sadako y las mil grullas". Por iso, puxémonos mans a obra e logramos realizar moitísimas grúas que hoxe colgan do teito da nosa escola. Grúas voladoras cargadas de desexos e de esperanza! 💚💚💚




Ademais, o alumnado dende as aulas e as familias dende as súas casas, realizaron bolboretas con diferentes cores, con distintos elementos decorativos, con diversos desexos pero unidas todas no seu obxectivo: VOAR CARA A PAZ.





Elaboramos un photocall onde moitas nenas e nenos animáronse a posar para obter unha foto de recordo:





Oxalá que todos os vosos desexos se cumpran! 💫


Un saúdo.

Espiñeiriña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario