Como ben sabedes, estamos inmersos no proxecto sobre o noso patio, por iso e coa axuda das familias, quixemos celebrar un entroido no que a fauna e a flora do patio fora a protagonista 🐛🐜🐝🐞🐤🐣🐥🐦🐧🐸🐉🌲🌵🌴🌳
Durante a semana de entroido houbo diferentes actividades entre a que destacamos o mandadiño, que este curso portouse da seguinte maneira:
- O luns, algo verde traerás e unha ra parecerás.
- O martes, en ave te convertirás e plumas na cabeza levarás.
- O mércores, se te queres divertir cunha saia terás que vir.
- O xoves, o mandadiño rematarás e un pé de cada cor traerás.
O venres foi o gran día, onde todos e todas desfilamos pola contorna. Compártovos este vídeo onde podedes ver as diferentes vestimentas, doces típicos da época e o ben que o pasamos ó ritmo das gaitas!
Antes de despedirme quería recomendarvos dous libros, presentes na biblioteca, sobre o entroido de Galicia que gusta tanto á cativada como as persoas adultas:
Posto que en Aldán aínda seguimos de entroido xa que o sábado é o enterro do mexilón, só temos que dicirvos: QUE NON PARE A FESTA!
Un saúdo.
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario