30.10.23
DÍA DAS BIBLIOTECAS, DÍA DA LUZ
27.10.23
XORNADA DE MOBILIZACIÓN POLO CLIMA
Todo o alumnado participou desta xornada, facendo diversas actividades:
- Viñemos vestidos de cor verde, simbolizando o noso compromiso coa natureza.

17.10.23
16 DE OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS
Ola queridiño público! Aquí estou de novo!
Onte, 16 de outubro de 2023, estivemos de celebración, posto que foi o Día das Escritoras. Nun día como ese, temos que facer que as voces dese colectivo, ben sexa, en galego, castelán, catalán, portugués, éuscaro, etc., cheguen dun lado ao outro do Atlántico. Palabras como estas son evocadas por Marta Sanz, comisaria da VIII Edición do Día das Escritoras.
Pois ben, nós, en Espiñeira valoramos moito as Escritoras, sobre todo as galegas e por iso, cada clase recibiu a miña carta cunha proposta, sabedes cal foi? A actividade consistía en desempaquetar o libro escrito por unha muller, lelo e falar sobre a autora, a historia, sobre outras autoras coñecidas, sobre a aventura de escribir un libro, entre outras cousas máis.
Pasade un bo día, sentadas e sentados no sofá vendo chover e deixándovos acompañar por as personaxes dese fermoso libro... esta é a fórmula perfecta da felicidade.
Unha aperta agarimosa,
Espiñeiriña.
15.9.23
VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALDÁN
Bos días navegantes!
Hoxe quería compartir con vós a primeira saída de curso que realizaron as nenas e nenos de educación infantil que foi, nada máis e nada menos, a biblioteca pública de Aldán. Nela estaba Isa, a bibliotecaria, quen nos recibiu con moito entusiasmo e ilusión.
Foi ela, a bibliotecaria, a que nos propuxo dúas actividades relacionadas co marabilloso mundo dos contos. Así, invitounos a unha sesión de contacontos empregando o libro de Becho Pelota de Olga de Dios e despois, un tempiño de lectura libre.
Ademais, tivemos tempo para realizar o empréstito de libros e aquelas rapazas e rapaces que non tiñan carné de biblioteca pública, puideron facelo.
Continuamos a xornada merendando e xogando no parque de Aldán.
Por último, a volta á escola estivo chea de momentos máxicos, atopándonos así coa familia dun alumno quen nos invitou a visitar unha finca na que tiñan cabalos, proxecto que comezaremos a realizar debido a motivación do noso alumnado.
2.6.23
NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!!!
Como en sendo tradición no noso centro, o alumnado de E.I. e 1º e 2º de E.P. participamos no tradicional CORRELINGUA, este ano en Moaña, para poñer desta maneira, un pequeno graniño en defensa da nosa lingua. Para iso, elaboramos unhas pancartas e unhas camisetas e coa nosa canción "Fálame en galego", feita para as Letras Galegas, saímos a rúa nunha marcha a favor pola lingua...
A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, AS NOSAS LETRAS VAN...
Este ano quixemos festexar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS dedicando a semana do 15 ao 19 de maio, a coñecer a figura de Francisco Fernández del Riego e a facer actividades en defensa da nosa lingua.
OBRA DE TEATRO: @s nen@s de 5º e 6º de E.P. prepararon a obra de teatro "As cousas de Don Paco" para representar diante de tod@s @s nen@s do cole.
ÁLBUM DE CROMOS: Durante toda a semana, fomos completando un álbum de cromos, os cales tiñamos que conseguir falando en galego. No tempo do recreo, os profes de garda personalizados coas personaxes da obra de Francisco Fernández del Riego foron os encargados de dar aos nen@s, "se lles falaban en galego" os cromos, realizados un por aula, para completar cada un o seu álbum.
Aquí podedes escoitar como foi cantada por todo o alumnado do centro o rematar este semana dedicada as Letras Galegas:









































.jpeg)







