15.9.23

VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA DE ALDÁN

Bos días navegantes! 

Hoxe quería compartir con vós a primeira saída de curso que realizaron as nenas e nenos de educación infantil que foi, nada máis e nada menos, a biblioteca pública de Aldán. Nela estaba Isa, a bibliotecaria, quen nos recibiu con moito entusiasmo e ilusión.

Foi ela, a bibliotecaria, a que nos propuxo dúas actividades relacionadas co marabilloso mundo dos contos. Así, invitounos a unha sesión de contacontos empregando o libro de Becho Pelota de Olga de Dios e despois, un tempiño de lectura libre.





Ademais, tivemos tempo para realizar o empréstito de libros e aquelas rapazas e rapaces que non tiñan carné de biblioteca pública, puideron facelo.


Continuamos a xornada merendando e xogando no parque de Aldán.

Por último, a volta á escola estivo chea de momentos máxicos, atopándonos así coa familia dun alumno quen nos invitou a visitar unha finca na que tiñan cabalos, proxecto que comezaremos a realizar debido a motivación do noso alumnado.


Moitísimas grazas á familia de Álex por deixarnos gozar dos cabalos e a Isa por acollernos na biblioteca e deixarnos viaxar, soñar e desfrutar a través dos libros.

E ata aquí a nosa aventura.
Un saudiño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario