O pasado 29 de setembro, igual que fixemos en cursos anteriores e coincidindo coa "XORNADA DE ACCIÓN GLOBAL POLO CLIMA", levamos a cabo unha nova MOBILIZACIÓN.
Todo o alumnado participou desta xornada, facendo diversas actividades:
- Viñemos vestidos de cor verde, simbolizando o noso compromiso coa natureza.
- Animouse ás familias para que os nenos e nenas trouxeran escrito un compromiso con diversas accións a levar a cabo e que supuxeran un cambio nas súas rutinas en favor do planeta.
- Trouxemos merendas saudables e libres de envases, para tomar conciencia da importancia de reducir os materiais de refugallo.
- Cada aula plasmou o seu compromiso polo clima nunha cartolina e, acompañado dos compromisos de cada un de nós e das nosas familias, subímolos á carballeira e pendurámolos das árbores colocados nunha randeeira.
Algúns representantes de cada aula leron en voz alta os seus compromisos.
O alumnado de E.I. fixo papel de refugallo con periódicos, para realizar a súa pancarta con diversos materiais, e plantaron camelios na súa maceta.
Aquí podedes ver un resumo dalgunhas das actividades realizadas:
- Para rematar a xornada cantamos todos xuntos a canción "O planeta hei de coidar", inventada polo noso alumnado coa melodía da canción "A Maruxiña", de Malvela.
Se queres escoitala, preme no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario