Benvidas e benvidos a este novo curso escolar! O noso blog O cantil das palabras arranca o ano académico 2026-2027 máis reivindicativo que nunca, abordando a loita contra o cambio climático que queremos impulsar dende a nosa escola.
Por mor da Semana Mundial de Acción polo Clima propuxemos á comunidade educativa e, sobre todo, á cativada unha serie de propostas co obxectivo de concienciar sobre a importancia de protexer o medio ambiente e actuar de maneira responsable contra o cambio climático.
Durante a semana realizamos, en diferente horarios e agrupamentos, a recollida de especies vexetais invasoras presentes nas nosas instalacións, máis concretamente, no Bosque das Landras e no Bosque Máxico.
Na propia xornada polo clima, o venres 25 de setembro, organizamos obradoiros e actividades en forma de retos de carácter vivencial para os diferentes ciclos e unha performace final que incluíu a presenza de todo o cole.
En consecuencia, establecimos agrupamentos de alumnas e alumnos por ciclos, en grupos mixtos de idades e cada grupo levaba un nome dunha ave que podemos avistar desde o noso patio.
Retos para infantil e 1º ciclo de primaria:
1. Circuíto anticontaminación das augas. No circuíto motor tiñan o obxectivo de limpar os ríos que ían atopando e limpar a auga contaminada empregando filtros de café. Así, reflexionamos sobre a necesidade de manter os ríos e as fontes limpas para poder aproveitar o ben preciado que é a auga e evitar a contaminación da natureza.
2. Monstros come lixo! Con esta actividade reforzamos a importancia de clasificar os residuos xerados polo ser humano no contenedor correspondente.
Retos para o alumnado de 3º a 6º de primaria:
1. Trasvase de auga. Realizamos dous xogos, un a través dun circuíto de obstáculos e outro mediante pases de globos de auga reutilizables. Ambas actividades están destinadas a concienciar sobre o consumo da auga. O alumnado entendeu o fin e realizou tanto o circuíto como o xogo de pasar o globo de auga de maneira exitosa.
2. Mural Art Attack. Para elaboralo empregamos as plantas invasoras recollidas nos días previos e, tamén, as sábanas vellas, os tapóns e os restos tecnolóxicos facilitados polas familias. Conseguimos realizar un mural moi poderoso, vistoso e cunha mensaxe clara.
3. Cartaces con mensaxe! De maneira simultánea no tempo ás propostas anteriores, o alumnado foi pasando por este obradoiro para expresar os seus sentimentos e manifestacións con respecto á problemática.
A xornada concluíu con toda a escola reunida no patio para escoitar o MANIFESTO elaborado polo alumnado de 6º EP e realizar a PERFORMACE FINAL COA INTERPRETACIÓN DA CANCIÓN: FAINO XA!
.jpg)






.jpg)

.jpeg)



.jpeg)
















No hay comentarios:
Publicar un comentario