13.3.23

MULLERES SOMOS, MULLERES SEREMOS E EN ESPIÑEIRA SEMPRE O FESTEXAREMOS!

BOAS NAVEGANTES!!

Debido a importancia que dende o noso colexio lle damos o "Día da Muller" para conmemorar a súa loita pola igualdade de oportunidades no mundo, as actividades que programamos nesta ocasión, inclúen as seguintes iniciativas... Queredes saber cales son?

1- Toda a cativada elaborou un ROTEIRO POLA IGUALDADE ao estilo da OCA:

2- Ademais, aproveitando as fermosas obras de arte sobre Rosalía de Castro que fixo o alumnado en Educación Plástica elaborouse un OBRADOIRO DE CHAPAS:

 

3- Así mesmo, na nosa biblioteca temos a EXPOSICIÓN "MULLERES NA SOMBRA" 

Nesta ocasión, recreamos unha casa de época onde se agochan textos de coñecidas escritoras en lugares tan cotiás como un tendal, un caldeiro, nas zapatillas ou ata debaixo do colchón...

A intención é chamar a atención sobre unha realidade á que tiveron que enfrentarse durante moitos séculos as escritoras: non podían publicar os seus textos e tiñan que usar un pseudónimo ou nome dos seus maridos para que se editasen as súas obras. 

A exposición foi elaborada polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. 





   




Para rematar e amosar a diferenza coa actualidade, nesta exposición atópase tamén un espazo adicado a nosa apreciada escritora, Marisa Núñez, a cal tivemos o pracer de recibir na nosa escola.




Por certo, lembrade que a exposición quedará aberta a toda a Comunidade Educativa nos vindeiros días.

 Animádevos a vir! 



4. Finalmente, e xa como tradición en todas as conmemoracións deste colexio, nesta ocasión traballamos a canción Lisístrata (Varre vasoira) de Fillas de Cassandra.

Este foi o resultado final:






5. E... como non podía faltar, o Equipo de Biblioteca fixo unha selección de libros para a libre escolla no tempo de lecer ou para traballar na aula.


Aquí, en Espiñeira, temos moitas mulleres, querémolas e defendémolas hoxe e sempre!

Ata outra!

28.2.23

SE DE FARROVELLOS QUERES IR, A ESPIÑEIRA TES QUE VIR

Atención, atención! 

O venres 17 de febreiro houbo unha invasión de farrovellos en Aldán! Nesta festa celebramos o noso particular entroido disfrazadas e disfrazados de farrovellos, temática acorde có proxecto de centro titulado "POLOS CAMIÑOS DA TRADICIÓN".

Na escola festexámolo degustando doces típicos do Entroido: filloas, orellas, flores, roscas, bica e moitísimas delicias máis feitas polas familias. 

                                                  

Ademais... xogos, phococall e diversión para toda a Comunidade Educativa formaron parte da xornada entroideira! 

ALUMNADO:









FAMILIAS:



PROFESORADO:


E como non podía faltar, nesta ocasión foi o profesorado quen inventou a letra da nosa canción de Entroido, baseándose na melodía da canción "Rumba de Nerga" da Vacaloura Vermella. Como sempre, acompañados das familas e de músicos da contorna...




A festa continuou cun gran pasarrúas por Aldán, onde non faltou a música e a festa! 
Fartámonos de cantar e bailar ao ritmo das gaitas e pandeiretas...








ATA A PRÓXIMA ENTROIDEIR@S...





24.2.23

A NOSA ROSALÍA

Bos días navegantes!

Un ano máis, o 23 de febreiro, conmemoramos no noso centro o "Día de Rosalía de Castro".

Para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova celebramos o seu día con diversas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG.

As actividades que se fixeron foron as seguintes:

EDUCACIÓN INFANTIL: Collage co rostro de Rosalía e con imaxes e palabras que teñan que ver con ela e a súa vida.

3 ANOS 

4 ANOS 

5 ANOS

1º e 2º E.P.: Collage do rostro de Rosalía con material de refugallo. 

1º E.P. 

2º E.P.

Tamén elaboraron pequenos poemas de dous versos a partir dunha palabra escollida despois de ler diversos poemas de Rosalía.




 3º E.P.: Collage do poema "Dende aquí vexo un camiño". 


Tamén fixeron unha versión do poema "Tecín soa a miña tea".



  
  4º E.P.: Collage do rostro de Rosalía con papeis de xornal. 


Por último, o alumnado de 5º e 6º de E.P. leron o manifesto da AELG creado nesta ocasión pola escritora Carme Adán e recitaron distintos poemas da autora.



Así quedou a nosa exposición final:



Ata a próxima navegantes!!!!!!


23.2.23

BANCO DO AMOR E DA AMIZADE

 Bos días navegantes:

O 14 de febreiro tivemos a gran sorte de recibir un banco da amizade realizado polo equipo de carpintaría da Asociación Xoán XXIII, coa finalidade de que ninguén se sinta só durante o tempo de lecer.


A rapazada de Educación Infantil non dubidou en comezar a densenvolver o banco para comprobar o fantástico resultado.

Así que xa sabedes... 

Se vedes algunha persoa que estea sentada nel... 

Non dubidedes... 

Ídelle preguntar que lle pasa...

 E xoga con ela!


Ata outra navegantes...



16.2.23

A ESCRITORA MARISA NÚÑEZ VISITA ESPIÑEIRA

Onte tivemos o privilexio de ter entre nós á escritora Marisa Núñez! 

Sabedes por que?

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade propuxéronos colaborar na proposta "RECUPERANDO A HISTORIAS DAS MIÑAS VECIÑAS" que consiste en dar a coñecer o traballo de mulleres nadas en Cangas ou que desenvolveron o seu traballo na nosa vila.

Como no Contexto Lingüístico van facer un traballo sobre o 8M centrado en "As escritoras que escribiron na sombra", eliximos dar a coñecer unha escritora afincada en Cangas que ten publicados marabillosos libros infantís que xa forman parte do imaxinario de moitos das nosas cativas e dos nosos cativos, Marisa Núñez.

Moi amablemente, respostou á nosa proposta e falounos da súa vida e obra, cunha paixón cautivadora que resoa aínda nas paredes da Biblioteca do colexio da Espiñeira. Ela, contounos como enfiaba os seus contos na súa cabeza, xa que, zurda contrariada por unha escola represora, o seu maxín dáballe a liberdade que o lápis engaiolaba. Pendurando das árbores, inspirada nos obxectos cotiás, en situacións que a moitos nos pasarían desapercibidas, foi tecendo personaxes como a rebelde Cebra Camila ou a marabillosa Lucinda e o Inspector Vinagre.  

Non podía marchar sen agasallarnos coa lectura de Cocorico que fixo as delicias do alumnado máis cativo. Por suposto, achegouse a dar os seus parabéns á rapazada de 2º e 3º de Educación Primaria que gañaron o certame Ourense Film Festival 2021 de Stop Motion o curso pasado co traballo inspirado no seu libro O camiño

Foi unha xornada inesquecible para todas e todos. Estamos seguras e seguros que a paixón pola escrita que saiu das súas verbas deixou pegada. Que ben poder compartilo! Grazas mil, Marisaaaa!!!


Lendo Cocorico á cativada.



Aplaudindo á autoría do Stop Motion de O camiño.



Falándolle aos máis maiores da súa paixón pola escrita.


Unha aperta agarimosa,

Espiñeiriña.

12.2.23

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Ola queridiñas e queridiños!

Con motivo da conmemoración desta efeméride, o 30 de xaneiro "festexamos" a importancia da paz no mundo, pero tamén incidimos noutros aspectos eductivos relacionados con esta temática, como poden ser a tolerancia, a empatía e o respecto e a axuda aos nosos semellates.

Nesta ocasión, reunímonos todo o colexio no patio e realizamos as seguintes actividades:

Por un lado, o MANIFESTO no que o alumnado de 5º e 6º  de Educación Primaria contounos os seus "soños" para conseguir un mundo mellor.

Por outro lado, a RUMBA DA PAZ no que a rapazada de Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Educación Primaria inventou a letra dunha canción para este día baseandose na melodía da rumba portuguesa "O Verdegaio",  pertencente tamén o repertorio popular de Galicia. Este foi o resultado:



Por último, en canto á EXPRESIÓN ARTÍSTICA realizouse un mural colectivo titulado “Diversos camiños, un mesmo fogar”, relacionado co noso PDI “Polos camiños da tradición” reflexionando sobre a necesidade de ter en conta a nosa cultura e a nosa tradición, deixando así constancia deste proxecto a través da expresión artística. Tamén, aproveitamos para traballar algúns cadros de Picasso, por ser este ano o 50 aniversario da súa morte:

- Para o borde: "Mano con ramo de flores", que representa a amizade.

- No centro: "A pomba de Picasso", símbolo de paz, liberdade e igualdade en todo o mundo.

A continuación podedes ver o resultado:


Un bico xigante,

Espiñeiriña.