24.6.26

PDI: DO MAR NACE O AZUL DA VIDA

Ola a toda a comunidade educativa!

Despois de moito traballo, investigación e, sobre todo, moitísima ilusión, queremos compartir convosco o resultado final do noso Proxecto Documental Integrado sobre o mar e a nosa contorna mariña. Baixo o título e lema "Do mar nace o azul da vida," o alumnado de infantil e primaria mergullouse na historia, cultura, natureza e os segredos que agochan as nosas rías.

Para recoller un anaquiño de todo o vivido, preparamos con moito cariño este vídeo recompilatorio:

Un agradecemento de corazón 💙 as persoas e colectivos que colaboraron: alumnado, profesorado, conserxe, familias, asociacións e axentes locais.

Grazas a todas e todos por facernos comprender que o mar non só nos rodea, senón que enche de vida o noso día a día.


Gozade das vacacións e recibide un cordial saúdo,

Espiñeiriña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario