3.4.25

POLICROMÍA - DÍA DAS ARTES GALEGAS

Bos días artistas!

O 1 de abril en Espiñeira homenaxeamos a Isaac Díaz Pardo pola súa arte. Aquí, é interesante lembrar que todos os seres humanos somos por natureza artistas, polo tanto, a orixe da arte comeza coa orixe da humanidade. Dende a pintura rupestre ata a última peza contemporánea creada, a arte serviu como medio, forma e fonte de expresión.

Neste sentido, a cativada emulou a cerámica de Sargadelos onde se destaca o branco e o azul cobalto.

 Con todas as pezas elaboradas fíxose unha exposición no exterior, nunha das zonas do noso patio, no Arco da Vella, onde as familias e o alumnado puideron desfrutar das artistadas


ATA A PRÓXIMA VIAXEIR@S!


No hay comentarios:

Publicar un comentario