Boas tardes mundo!
Estou aquí de novo para compartir con todas e todos a primeira actividade que fixemos na nosa Biblioteca. A seguinte semana da celebración do Día das Bibliotecas, todas as aulas acudiron a ese fermoso lugar para amosarlle ao estudantado unha presentación de Genially cos diferentes aspectos relevantes que cumpría lembrar. Despois, os menores de 4º de Educación Infantil recibiron os carnés de Bibliotecarias e Bibliotecarios e posteriormente cada persoa titora entregou á aula o mellor agasallo: unha mochila chea de maxia, na que o alumnado pode mergullarse na fantasía, nas linguas, nas historias de aventuras, nos sentimentos e emocións, ... E, cando volve á realidade xa non é a persoa que inicialmente marchou, senón que é máis libre, máis inqueda, máis curiosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario