29.5.24

RECREOS NA BIBLIO!

Bos días queridas e queridos lectores!

Como ben sabedes, os martes e os xoves son días de recreo na biblio! 📚
Dende comezo de curso as axudantes, alumnas voluntarias que están interesadas en colaborar na organización e dinamización da biblio, realizaron con iniciativa moitísimas propostas en prol da biblioteca e da lectura.


Esta semana, quixeron agasallar ó alumnado de educación infantil cun contacontos do seu interese. Desta maneira, deixaron na man dos máis cativos e cativas a elección do conto: Capitán Verdemán de Ellie Bethel e Alexandra Colombo 💚

O alumnado mantívose moi atento ante o gran relato que fixeron do mesmo.


Ademais, foron as axudantes as que organizaron os espazos e a distribución dos máis pequenos para que se sentisen cómodos.

Por último, agasalláronos cunha bonitiña figura que elas mesmas troquelaron e, con este fermoso detalle, concluíron a sesión.



Esta é tan só unha pequena mostra do que levades feito este curso! 

Dende o equipo de biblioteca queremos darvos as grazas pola vosa dedicación e entusiasmo como bibliotecarias! Estades facendo un gran traballo! 😃

Un saudiño e ata a próxima navegantes!


No hay comentarios:

Publicar un comentario