Este ano quixemos festexar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicando a semana do 13 ao 16 de maio, a coñecer a figura de LUÍSA VILLALTA e a desenvolver actividades co obxectivo de darlle pulo a nosa lingua.
Para iso, organizamos 7 OBRADOIROS cada un deles relacionado cunha NOTA MUSICAL, no que o alumnado en grupos mistos formados por 19 nen@s de todos os cursos e idades, foi rotando polas 7 aulas nas que estaban organizados cada un deles.
Cada unha das aulas tiña un CARTEL relacionado co obradoiro que se ía realizar nel, coas obras máis salientables de Luísa Villalta e con algún aspecto da súa vida...
DO: PERCUSIÓN "CRUEL FILOSOFÍA (aula de psicomotricidade)
Acompañamento musical con instrumentos de percusión miúda dunha canción da Banda da Loba, baseada en 3 poemas do volumen "As palabras ingrávidas" (2020) de Luísa Villalta.
Aquí podedes escoitar o ben que soaba:
RE: SLOGAN EN PROL DA LINGUA (aula 1º E.P.)
Elaborar un slogan para darlle pulo o uso do noso idioma en cartolinas A3, con recortes de letras de revistas, xornais e adhesivos. Decorar o rematar.
MI: COLAXE LITERARIA (aula PT)
Crear distintas colaxes sobre sete autoras e autores xa homenaxeadas no "Día das Letras Galegas" e outras e outros actuais: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Castelao, Valle Inclán, Ledicia Costas, Manuel Rivas e como non, a homenaxeada este ano Luísa Villalta.
FA: ESCRITURA CREATIVA "DALLE UNHA VOLTA OS POEMAS" (biblioteca)
Rematar de elaborar algúns poemas xa comezados sobre algunhas causas que defendía Luísa Villalta como o Nunca Máis, a loita en prol do pobo Palestino, o feminismo ou defendendo a Galiza, e recitalos o son da música dun violín, mentres son gravados na redio da escola.
SOL: PASAPALABRA (aula 3 anos)
Presentación cun podcast e sucesivo rosco sobre o Día das Letras Galegas arredor da obra e vida de Luísa Villalta.
Ligazón o ROSCO coa nosa canción das Letras Galegas, cantada polo alumnado de fondo:
Ligazón a presentación con PODCAST:
LA: PENTAGRAMA MELÓDICO (aula 5 anos)
Buscar palabras fermosas que comecen polas distintas notas musicais e escribilas nun pentagrama debuxado en papel continuo, relacionando a cor da nota musical coa palabra que conteña a sílaba. Este obradoiro está baseado no libro de María Canosa, "Luísa Villalta, Melodía de palabras".
SI: A REGUEIFAR (aula 4 anos)
Inventar dúas coplas dunhas regueifa a partir dunha melodía básica, podendo utilizar versos dalgunha cantiga tradicional. A invención do texto estará baseado neste día e na autora homenaxeada, e POR SUPOSTO, no uso da nosa lingua.
E aquí tedes alunha mostra:
Doutra banda, para facilitar a orde de rotación, @s compoñentes de cada grupo e as aulas na que se situaba cada obradoiro, cada responsable (alumnado de 6º) levaba unha cartilla de navegación que debía ir selando cun adhesivo o rematar a realización de cada un dos obradoiros.
Por último, como na nosa escola non pode faltar a música, tamén adicamos un día da semana a cantar a nosa canción sobre a lingua, "Fálame en galego" baseada na melodía de "Terra" das Tanxugueiras:
No hay comentarios:
Publicar un comentario