Boas tardes queridiño público lector!
Hoxe é luns 20 de marzo de 2023, non é calquera día... é o Día Internacional da Narración Oral. Para iso, dende esta escoliña convidámosvos a viaxar a través dos contos, das lendas, das imaxes, das experiencias vividas, das anécdotas, etc.
Deste xeito, cando se fala da narración oral normalmente nas nosas cabezas aparecen imaxes de persoas adultas contando contos, de avoas e avós explicando aventuras que viviron e moitas escenas máis. Pero todo isto sucede en diferentes lugares, como por exemplo, ao carón da lareira, na cama con luz tenue, debaixo dunhas árbores nunha carballeira, etc.
Neste mundo, todo o que percibimos polos sentidos forma parte desa maleta cargada de anécdotas, contos, lembranzas, etc., que transportamos de xeración en xeración e de séculos en séculos. Por iso, case sen darnos conta transmitimos as nosas raíces para debuxar a paisaxe onde vivían as nosas queridiñas persoas maiores.
Unha vez dito isto, como o noso proxecto anual é "Polos camiños da tradición" que mellor ocasión que conmemorar este día voando polas vidas de, neste caso, dúas avoas do alumnado do noso centro, concretamente de Amaro, Mariña e Oliva e de Lena e Rubén.
Que fermoso é descubrir que houbo outras vidas moi diferentes ás nosas...
Unha apertiña xigante,
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario