Ola queridiño público lector!
Nesta fermosa tarde de xoves tráiovos novas... sabedes que aconteceu o xoves 27 de outubro? Si, si, ese mesmo día... Pois mirade...
No anterior curso, 2021-2022, as aulas de 1º e 2º de Educación Primaria da nosa escola participaron no Ourense Film Festival 2021 elaborando unha curta titulada O Camiño.
A cativada contoume que lembra que tivo que escoller un conto dos propostos polas titoras Noemí e Laura, que tivo que deseñar as personaxes e pensar nos materiais que ían estar feitas, que decidiu xunto co resto da clase que a personaxe principal ía estar feita de feltro e o resto de cartolinas, que lle dedicou bastante tempo a elaboración dos escenarios que tiñan que reflexar todo o contido traballado anteriormente no Story Board, que fixo provas coa luz e coa gravación na Tablet, que baixou a gravar a frase de cada unha e de cada un á radio da biblioteca, que as súas titoras tiveron que gravala cando camiñaba polo lazo, o lazo da vida, que estaba na Carballeira.
E, sobre todo lembra a satisfacción que foi ver o resultado final na clase, cando Laura e Noemí lle comunicou que foi finalista e garda no seu corazón cando un membro do xurado no auditorio de Ourense dicho: o premio para o mellor guión é para... O CEIPP ESPIÑEIRA DE ALDÁN!
Agora unhas palabriñas de Laura e Noemí: “Cada un de nós sabe que camiño non foi doado pero si moi gratificante e cheo de emocións, porque a vida é iso, experiencias inesquecibles, como foi neste caso para nós, recibir o premio ao mellor guión”.
Que bonito é O Camiño, o camiño da vida!
Así se fixo:
Este é o resultado final, a curta:
Velaquí o premio das gañadoras e dos gañadores:
No hay comentarios:
Publicar un comentario