27.10.22

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro tivemos a gran sorte de inaugurar a nosa biblioteca para este curso 2022-2023, coincidindo co Día das Bibliotecas.

Deste xeito, como de costume a mascota da Biblioteca, a nosa queridiña Espiñeiriña invitounos a desfrutar dunha presentación en Genially onde se nos amosaban as normas, como se podía facer un préstamo, etc. 

Sen máis palabras, vós tamén queredes viaxar? É sinxelo, collede un libro e a soñar... como ben di Emily Dickinson para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro.












Por certo familias, a continuación tendes a presentación por se queredes botarlle unha ollada:




Ata outra! Bicos a moreas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario