6.5.24
CELEBRACIÓN DÍA DA TERRA
26.4.24
A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ DICÍA VOLTAIRE
Bos días querido público lector!
Como ben sabedes hoxe é o meu día favorito, o 23 de abril, unha data chea de maxia...
En 1957 Shakespeare publicaba Romeo e Julieta:
BENVOLIO: ¿Enamorado?
ROMEO: Cansado.
BENVOLIO: ¿De amar?
ROMEO: De no ser correspondido por mi amada.
Anteriormente, en en 1605 Cervantes publicada Don Quijote de La Mancha, un clásico da literatura universal:
Hoy es el día más hermoso de nuestra vida, querido Sancho; los obstáculos más grandes, nuestras propias indecisiones; nuestro enemigo más fuerte, el miedo al poderoso y a nosotros mismos; la cosa más fácil, equivocarnos; la más destructiva, la mentira y el egoísmo; la peor derrota, el desaliento; los defectos más peligrosos, la soberbia y el rencor; las sensaciones más gratas, la buena conciencia, el esfuerzo para ser mejores sin ser perfectos, y sobre todo, la disposición para hacer el bien y combatir la injusticia donde quiera que estén.
A celebración deste fermoso día ten como propósito principal incentivar ás persoas a descubrir o pracer da lectura e respectar a inmensa contribución das escritoras e escritores á cultura e ao progreso social.
O día Internacional do Libro e do Dereito de Autor representa unha oportunidade única para recoñecer o impacto que os libros teñen na nosa vida e a importancia de protexer os dereitos de quen nos regala coas súas palabras o acceso a universos inimaxinbles.
Por iso, na biblioteca da nosa escoliña temos a chave máxica que abre a porta de incalculables mundos cheos de aventuras e diversión! O Equipo de Biblioteca organizou o I Cinema de Contos que consistía en 7 salas de Cine coas seguintes temáticas:
Esta é unha breve reportaxe da viaxe...
4.4.24
SAÍDA AO BOSQUE ENCANTADO DE ALDÁN
Ademais así decátamonos dos sons que normalmente afogamos co noso ruido: miñatos e merlos foron os primeiros en lanzarnos mensaxes sonoras, pero tamén soubemos apreciar o prácido murmullo das augas no seu discurrir irregular ao noso carón. O achádego dun cadáver recén depredado de rata campestre puso o momento CSI á saída, e poidemos deducir varias cousas ao redor deste misterioso asasinato: o rigor mortis e os restos aínda vermellos de sangue faláronnos do recente deceso, e a ausencia da cabeza deunos pista sobre os posibles sospeitosos, todos eles da banda dos mustélidos (sen quitar á xeneta, que non está emparentada con eles pero comparte similitudes no seu modus operandi).
Logo, xa que o alumnado de infantil e 1º e 2º ciclo de primaria fixeron unha ruta máis cortiña, e o bo tempo acompañaba, aproveitamos para baixar un ratiño a xogar ao parque de Aldán.
Despois, volvemos ao bosque e sobre as 12:30, comezaron a chegar as familias para merendar todos xuntos, con tanto andar e xogar xa había fame!
Xa nas inmediacións do castelo, todos participamos na busca de pegadas dalgúns dos mamíferos máis relevantes da nosa fauna: o lobo, raposo, lontra, esquío... representados en rachas de madeira preparadas para a ocasión. Quen quixo tamén puido disfrutar das estacións de xogos que se organizaron para que o alumnado xogara libremente. Algunhas eran a petanca, o pano, a corda e o brilé. Foi un día inesquecible!
O agasallo dun día solleiro e o encontro coas familias neste espazo singular, puso o broche final a esta fermosa xornada.

























